Manuel Lustres Rivas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m elimino homónimos
Xas (conversa | contribucións)
m elimino homónimos
Liña 5:
Fillo do piloto de buque mercante José Lustres Gómez e de María Rivas Otero. Trasladouse a [[Santiago de Compostela|Compostela]] para estudar [[medicina]]. Alí fixo amizade con [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]] e participou nos faladoiros do Café Colón.
 
En [[1906]] comezou a colaborar en ''[[El Miño (Ourense)|El Miño]]'' e pasou en [[1907]] a ''[[Galicia Nueva (Vilagarcía de Arousa)|Galicia Nueva]]'' de [[Vilagarcía de Arousa]], publicando tamén artigos na ''[[Gaceta de Galicia]]'' de Compostela. Foi director de ''[[El Heraldo Gallego (1913)|El Heraldo Gallego]]''. En [[1915]] marchou a [[Madrid]], foi redactor de ''[[El Parlamentario]]'' e colaborou en ''[[España Nueva (Madrid)|España Nueva]]'', ''[[España Libre (Madrid)|España Libre]]'' e ''[[El Liberal]]''. En [[1918]] volveu a Galicia e colaborou en ''[[La Concordia (Vigo)|La Concordia]]'' de [[Vigo]] ata [[1922]]. En xullo dese ano dirixiu o semanario ''[[Acción Viguesa]]''. Ao ano seguinte foi nomeado redactor xefe do xornal vigués ''[[Galicia. Diario de Vigo|Galicia]]''. Despois de deixar a redacción emigrou á [[Arxentina]] aínda que seguiu a colaborar co xornal enviando crónicas daquel país. Regresou a Galiza e colaborou en ''[[Faro de Vigo]]'' e outros medios.
 
Logo da [[Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936|sublevación do 18 de xullo de 1936]], foi detido nas instalacións de ''Faro de Vigo'', do que era redactor, e encarcerado no presidio da [[illa de San Simón]]. Foi asasinado o [[10 de novembro]] de [[1936]],<ref>{{Cita novas |nome=Ceferino de |apelidos={{Versaleta|Blas}} |ligazónautor=Ceferino de Blas |título=Lustres Rivas, una muerte que lo hermana con Lorca |xornal=Faro de Vigo |data=10/11/2016 |url=https://www.farodevigo.es/cultura/2016/11/10/lustres-rivas-muerte-hermana-lorca/1567241.html |lingua=es }}</ref> o seu corpo sen vida apareceu no Alto da Cuncheira, na parroquia de [[Trasmañó, Redondela|Trasmañó]] ([[Redondela]]). Os seus restos descansan no [[Cemiterio de Pereiró]].