Mycobacterium leprae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
de unhas > dunhas
Liña 29:
''Mycobacterium leprae'' ten o tempo de duplicación (rapidez de división) maior de todas as bacterias e foi imposible cultivala no laboratorio.<ref name=Truman_2001>{{Cita publicación periódica |author=Truman RW, Krahenbuhl JL |title=Viable M. leprae as a research reagent |journal=Int. J. Lepr. Other Mycobact. Dis. |volume=69 |issue=1 |pages=1–12 |year=2001 |pmid=11480310}}</ref> A comparación da secuencia do [[xenoma]] de ''M. leprae'' coa de ''[[Mycobacterium tuberculosis]]'' dá unha explicación clara destas propiedades, e mostra un caso extremo de [[evolución]] redutiva. Menos da metade do seu xenoma contén [[xene]]s funcionais. A deleción e deterioración de xenes parece ter eliminado moitas actividades [[metabolismo|metabólicas]] importantes, incluíndo a produción de [[sideróforo]]s, parte da cadea oxidativa e a maior parte das cadeas [[cadea respiratoria|respiratorias]] [[respiración anaerobia|anaerobias]] e [[microaerófilo|microaerófilas]], e numerosos sistemas [[catabólico]]s e os seus circuítos regulatorios.<ref name=Cole_1998>{{Cita publicación periódica |author=Cole ST, Brosch R, Parkhill J, ''et al.'' |title=Deciphering the biology of Mycobacterium tuberculosis from the complete genome sequence |journal=Nature |volume=393 |issue=6685 |pages=537–44 |year=1998 |pmid=9634230 |doi=10.1038/31159}}</ref>
 
Completouse recentemente a secuencia xenómica da cepa de ''M. leprae'' illada orixinalmente en [[Tamil Nadu]] e denominada ''TN''. A secuencia obtívose mediante unha estratexia combinada, empregando [[secuenciación do ADN|análises de secuencias de ADN]] automatizadas de [[cósmido]]s seleccionados e clons de "escopeta" de xenoma completo. Despois de finalizado este proceso, atopouse que a secuencia do [[xenoma]] contén 3. 268. 203 [[par de bases|parees de bases]] (bp), e ten un [[contido G+C]] medio do 57,8%, valores moito menores dos que se obtiveron para ''M. tuberculosis'', que son 4. 441. 529 bp e 65,6% G+C,. Uns 1500 xenes son comúns a ''M. leprae'' e ''M. tuberculosis''. A análise comparativa suxire que ambas as micobacterias derivan dun antepasado común e, nun estadio anterior tiveron unhas [[poza xénica|pozas xénicas]] de tamaño similar. Unha diminución de tamaño desde un xenoma de 4,42 Mbp, como o de ''M. tuberculosis'', a outro de 3,27 Mbp supón a perda dedunhas unhas1 1200200 secuencias codificantes de proteínas. Hai evidencias de que moitos dos xenes que estaban presentes no xenoma do antepasado común de ambas se perderon por recombinación no xenoma de ''M.leprae''.<ref name=Cole_2001>{{Cita publicación periódica |author=Cole ST, Eiglmeier K, Parkhill J, ''et al.'' |title=Massive gene decay in the leprosy bacillus |journal=Nature |volume=409 |issue=6823 |pages=1007–11 |year=2001 |pmid=11234002 |doi=10.1038/35059006}}</ref>
 
A información sobre o xenoma completo pode ser útil para desenvolver novas probas cutáneas de diagnóstico, para comprender os mecanismos polos que se producen danos nos nervios e a resistencia a drogas e para identificar novas dianas de drogas para o deseño racional de novos réximes terapéuticos e drogas para tratar a lepra e as súas complicacións.