Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m poño referencia
de unhas > dunhas
Liña 452:
Despois atoparon pouco proveito sometela a tales máquinas de tortura. De todos os xeitos, o sábado [[12 de maio]] fíxose unha votación entre os xuíces na que resultou gañadora, por 11 votos a 3, a opción de non torturala. Os tres que votaron a favor da tortura foron [[Aubert Morel]], [[Thomas de Courcelles]] e [[Nicolas Loisileur]]. O caso deste último é curioso, xa que antes de comezar o proceso á moza doncela, xunto cun outro compañeiro (que era [[Jean d'Estivet]]), intentárona estafar do seguinte modo: fixéronse pasar por xente da súa terra «natal» e Loisileur fíxose pasar por un confesor para extraer toda a información posible a Xoana. Esta non caeu na trampa e non puideron achegar nada interesante na maquinaria previa ao proceso de Xoana.
 
Chegados a este punto do xuízo, os ingleses acabaron coa paciencia que os fixo pasar con discreción ata aquel momento. O Conde de Warwick dixo a Cauchon que o proceso estábase alargando demasiado. Incluso o primeiro propietario de Xoana, Jean de Luxembourg presentouse na cela de Xoana. Foi un momento moi tenso que podería acabar mal, pero seguidamente apareceu Warwick para acougar os ánimos. Jean fíxolle a proposta de que pagaría para liberala se ela prometía non atacar máis aos ingleses. Ela respondeulle do seguinte modo: «En nome de Deus, vos estádesvos mofando de min, pero sei moi ben que non tedes nin o poder nin o valor para facer iso». Logo de unhasdunhas cantas discusións máis, Xoana acaboulle dicindo: «Sei que estes ingleses quérenme morta, porque creen que logo da miña morte faranse co reino de Francia. Pero antes había 100.000 ''godóns'' [palabra en argot para denominar aos ingleses] máis dos que hai agora presentes, os cales non poderán conseguir agora o Reino». O Conde de Stafford, enseguida puxo a súa daga no pescozo de la Pucelle, pero foi cando Warwick interveu.
 
==== A fase final: os últimos días de Xoana ====