Rañaceos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
de uns > duns
Liña 5:
Ao longo da [[historia da arquitectura]], con excepción de monumentos como [[obelisco]]s e [[columna (arquitectura)|columnas]], encóntranse poucos edificios dotados de grande altitude. Normalmente, os poucos exemplares eran as torres, as cales posuían algún tipo de significado relixioso (como as torres de templos católicos) ou militar. Até o período da [[Revolución Industrial]], os edificios de uso cotián raramente posuían múltiples andares.
 
Até mediados do [[século XIX]], a altura máxima encontrada nas grandes cidades era de unsduns cinco andares, pola dificultade de de subir reiteradamente até andares altos. Por outro lado, a construción de edificios altos demandaba sistemas construtivos e tecnolóxicos avanzados. Como a maior parte das edificacións eran construídas en [[cachotería]], canto maior a altitude, maiores as espesuras necesarias para as súas paredes portantes, sexa para soportar os andares superiores ou para resistir aos esforzos do vento. De aí que, avances construtivos que tornaban as paredes independentes dos elementos estruturais do edificio, como o [[formigón armado]] e a estrutura en [[ferro]] (e máis tarde en [[aceiro]]) xa posibilitaban a construción de edificios altos, aínda así, era maior e estes sistemas dunha forma xeral eran caros.
 
En 1852, a invención do [[ascensor]] por [[Elijah Otis]] eliminou o primeiro impedimento. O segundo problema foi resolto a partir da popularización dos sistemas construtivos avanzados: a prefabricación de elementos construtivos en aceiro nos países industrializados pasou a ser relativamente común. Así, en [[1885]] foi construído en [[Chicago]] o que está considerado como o primeiro rañaceos, o [[Home Insurance Building]], deseñado por [[William Le Baron Jenney]].