Segunda República Española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Fronte Popular: arranxiños
m →‎Revolución de Asturias: Confederación Nacional do Traballo
Liña 219:
 
===== Revolución de Asturias =====
En [[Asturias]] e norte de [[provincia de León|León]] a situación resultou diferente. A [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]] estaba adherida á [[Alianza Obrera]] (xunto coa [[UGT]] e comunistas), e o comunismo tiña unha forza real. Os folguistas posuían armas e a dinamita das minas asturianas. O [[5 de outubro]] comezaba a sublevación e os folguistas comezaron a ocupar os pobos e vilas da zona. Estableceuse unha unión entre todas as forzas (obreiras, anarquistas, socialistas e comunistas) baixo a consigna [[UHP]] ([[Unión de Hermanos Proletarios]]). Nas zonas ocupadas organizáronse comunas e os concellos foron substituídos por comités revolucionarios. Suprimiuse o diñeiro e socializáronse os medios de produción. O ministro de Guerra encomendou a misión de sufocar a rebelión ó xeneral [[Francisco Franco]], que estaba ó mando da Lexión e das tropas regulares. A represión foi durísima, realizándose fusilamentos, asasinatos roubos e violacións. O [[18 de outubro]] dábase remate á revolución que foi sufocado con preto de 2.000 mortos, 30.000 detidos e miles de despedimentos. ''A posteriori'' ditáronse vinte penas de morte das que foron executadas dúas.
 
A repercusión foi moi forte. Ó redor de 200 concellos asturianos que estaban controlados por socialistas e republicanos de esquerda pasaron a seren controlados por xestoras. A [[CEDA]] aumentou o seu peso no goberno e produciuse unha dereitización do réxime.