Sada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎A II República: arranxiños
m →‎A Guerra Civil e o Franquismo: Confederación Nacional do Traballo
Liña 94:
===== A Guerra Civil e o Franquismo =====
[[Ficheiro:A Terraza, Sada, fachada dianteira.jpg|miniatura|A Terraza.]]
Mais todo isto virase abaixo tralo golpe militar de xullo do [[1936]]. En Sada terase coñecemento da nova o mesmo día 18. [[José Monzo|José Monzo Ríos]], Presidente do [[Sindicato de Oficios Varios de Sada|Sindicato de O.V.]], Secretario da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]] en Sada e cabeza da agrupación local da [[FAI]], dirixirá unha expedición de tres camións á Coruña co obxecto de conseguir armas para a defensa de Sada, mais estas lles serán negadas. Así, os falanxistas, dirixidos por Oliete, tomarán a vila o día 23, comezando así o calvario de moitos que, por non compartiren as ideas políticas do novo réxime, terán que se agochar ou fuxir. O alcalde Fernández Pita será encarcerado e sometido na Coruña a un consello de guerra sumarísimo que o condenaría a morte, sendo executado o [[27 de novembro]] dese mesmo ano. En Sada serían paseados numerosos sindicalistas.
 
Comezaba unha etapa de profunda decadencia. Para mostra, os datos demográficos, que situaban á poboación sadense en 8.700 habitantes para o 1935 e en menos de 7.000 vinte anos despois. Motivo deste descenso foi a emigración primeiro a América e logo a Europa. No eido económico cabe destacar, en contraste, o auxe do sector pesqueiro nos anos 60 e a pervivencia das conserveiras, así coma a instalación de numerosas telleiras nas Brañas.