Anarquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 159:
 
==== Novas correntes dentro do anarquismo ====
Por unha banda temos o [[anarcofeminismo]] o cal en moito comparte a tendencia do [[feminismo]] de segunda onda e o [[feminismo radical]] a loitaren contra a discriminación e a desigualdade cotiá contra as mulleres dentro dunha perspectiva anarquista con enfoque de [[loita de clases]] [[anticapitalista]] para se afastaren do feminismo liberal e socialdemócrata, máis próximos ao parlamentarismo. Aquí pois alén de escritos temperáns de anarquistas coma [[Emma Goldman]], [[Voltairine de Cleyre]] e [[Lucy Parsons]] xunto coa acción de [[Mujeres Libres]] na [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]] española como antecedentes, o anarcofeminismo tamén desexa tomar distancia co economicismo do feminismo marxista. Dentro dos movementos [[LGBTLGTB]] tamén existen anarquistas activos.
 
Por outro banda está o [[ecoanarquismo|anarquismo verde]] ou ecoloxista. Este comparte posicións importantes con pólas radicais do [[movemento ecoloxista]] coma o desexar maior descentralización e, polo tanto, economías e gobernos locais que suplanten os estados-nación centralizados e a economía capitalista globalizada e corporativa para así acadar situacións de [[sostibilidade]]. Xa que logo, coma tendencias internas a este destacan por un lado a [[ecoloxía social]] de [[Murray Bookchin]] e a súa proposta de [[municipalismo libertario]]. Tamén existe unha tendencia crítica da tecnoloxía e da civilización industrial denominada [[anarquismo primitivista]] que devece retomar a herdanza do [[Ludismo|movemento luddita]] de principios do século XIX, e que dalgunha forma tamén reactualiza o [[naturismo]] libertario. Entre os seus teóricos principais destacan [[John Zerzan]] e [[Derrick Jensen]].
Liña 167:
Tamén é de destacar o [[insurreccionalismo]]. Dende as revoltas de finais dos sesenta e os setenta en países coma Francia e especialmente Italia, sectores neo-[[ilegalismo|ilegalistas]] propuxeron un pensamento posteriormente categorizado coma anarquismo insurrecionalista. Destacan aquí escritores coma [[Alfredo M. Bonanno]], a revista [[Killing King Abacus]], e [[Wolfi Landstreicher]]. Anarquistas vencellados a este pensamento actuaron dende entón en varias instancias de accións de [[grupo de afinidade|grupos de afinidade]] e revoltas de masas coma as de [[Contracumbre do G8 en Xénova|Xénova]] ou as de [[Revolta en Grecia de 2008|Grecia no 2008]]. Así mesmo, enfrontan críticas semellantes ás que o anarquismo organizado lle realizara ao [[ilegalismo]] no século XIX e comezos do XX.
 
Terían que se considerar tamén esforzos intelectuais anarquistas recentes de características diversas. Así podemos considerar por exemplo a detallada proposta de posta en práctica do anarquismo coñecida como [[Parecon]] elaborada polo estadounidense [[Michael Albert]] na cal se examina coma funcionaría a economía e a política consonte a principios libertarios. Un esforzo teórico similar é o da [[democracia inclusiva]] elaborada por [[Takis Fotopoulos]]. Dende un enfoque máis filosófico poderiamos destacar a intelectuais coma [[Agustín García Calvo]] en obras coma ''Contra el tiempo'' e ''Contra la Realidad''. Tamén existe a conxunción do anarquismo co [[postestruturalismo]] coñecida coma [[postanarquismo]], que ten por principais expoñentes a [[Todd May]], [[Saul Newman]] e [[Lewis Call]]. Dende unha perspectiva post-[[situacionista]] destacan os escritos de [[Hakim Bey]], [[Bob Black]] e a rede activista e editorial estadounidense [[Crimethinc]]. Así recentemente apareceron organizacións e institutos enfocados no desenvolvemento de pensamento anarquista entre os cales destacan en EEUU o [[Institute for Social Ecology]] (fundado por [[Murray Bookchin]]) e o [[Institute for Anarchist Studies]], ou en España a [[Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo]] (ligada ao sindicato [[CNT]]) e a [[Fundació d'Estudis Llibertaris i Anarcosindicalistes]].
 
== O anarquismo hoxe ==