Leonardo da Vinci: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/>
m arranxiño
Liña 28:
É máis coñecido como pintor e dúas das súas obras máis soadas son a ''[[Mona Lisa]]'', tamén coñecida como ''A Gioconda'', e ''[[A Última Cea (Leonardo)|A Última Cea]]'', copiadas e [[parodia]]das en múltiples ocasións, do mesmo xeito que o seu debuxo do ''[[O home de Vitruvio|Home de Vitruvio]]'', que chegaría a ser retomado en numerosos traballos derivados. Porén, só se coñecen unha vintena das [[Cadros de Leonardo da Vinci|súas obras]], debido principalmente aos seus constantes (e ás veces desastrosos) experimentos con novas técnicas e á súa inconstancia crónica.<ref>Quince é a cifra aceptada pola maioría dos historiadores da arte. A atribución doutras obras a Leonardo da Vinci aínda está suxeita a debate.</ref> Este reducido número de creacións, xunto cos seus cadernos que conteñen debuxos, diagramas científicos e reflexións sobre a natureza da pintura, constitúen un legado para as sucesivas xeracións de artistas, só igualado, salvando as distancias, unicamente por [[Michelangelo]].
 
A pegada de Leonardo na [[Historia da arte occidental|historia da arte europea]] é bastante profunda. Algunhas técnicas desenvolvidas por el, destacadamente o ''[[sfumato]]'' e o ''[[claroscuroclarescuro]]'', tornáronse unha regra para a pintura dos séculos vindeiros.
 
Como enxeñeiro e inventor, Leonardo desenvolveu ideas moi adiantadas ao seu tempo, tales como o [[helicóptero]], o [[carro de combate]], o [[submarino]] e o [[automóbil]]. Moi poucos dos seus proxectos chegaron a construírse (entre eles a máquina para medir o límite elástico dun cable),<ref>Algúns dos inventos máis prácticos de Leonardo da Vinci están expostos en estado de funcionamento nos museos.</ref> xa que a maioría aínda non eran realizables nesa época.<ref>A visión científica moderna da [[metalurxia]] e da [[enxeñería]] achábase en estado embrionario na época do Renacemento.</ref> Como científico, Leonardo da Vinci fixo progresar moito o coñecemento nas áreas da [[anatomía]], a [[enxeñaría civil]], a [[óptica]] e a [[hidrodinámica]].