Tiburóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 2800:A4:1667:4C00:49EC:C376:5D04:1836 (conversa); cambiado á última versión feita por InternetArchiveBot
Etiqueta: Reversión
m Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura| (10),

(3)
Liña 2:
{{Outros homónimos|Tiburón (homónimos)}}
{{Taxobox
| name = Selaquimorfos
''Selachimorpha''
Tiburóns
| fossil_range = [[silúrico]] - [[holoceno|actualidade]]
| image = Isurus oxyrinchus by mark conlin2.JPG
Liña 43:
O seu fígado, bilobulado, pode representar até o 30 % do peso corporal,<ref name=Compagno>Compagno ''et al.'' (2005).</ref> e está constituído por un 90 % de [[escualeno]]. Serve principalmente para compensar a ausencia de [[vexiga natatoria]] e tamén como reserva enerxética.

[[Ficheiro:Partes dun tiburón.svg|thumbminiatura|800px|'''Principais características anatómicas externas dos tiburóns. Debuxo dun tiburón etiquetando as súas principais características anatómicas:'''
A boca, o fociño, as ventas do nariz, o ollo, o espiráculo, a espiña da aleta dorsal, a quilla caudal, o pterigopodio (''clasper''), o suco labial, as galas ou fendas branquiais, as aletas precaudais (segunda dorsal, anal) aleta peitoral, aleta pelviana e aleta caudal.]]

[[Ficheiro:Isurus oxyrinchus Machoire.jpg|thumbminiatura|Mandíbulas dun [[marraxo azul]] (''Isurus oxyrhinchis'').]]
[[Ficheiro:Tiger shark teeth.jpg|thumbminiatura|Dentes cos bordos dentados dun [[tiburón tigre]] (''Galeocerdo cuvier'').]]
[[Ficheiro:Marrazo-hortzak.jpg|thumbminiatura|Dentes afiados do marraxo azul.]]
[[Ficheiro:Épine d'aiguillat noir (Centroscyllium fabricii).jpg|thumbminiatura|Espiña dun ''Centroscyllium fabricii'' na parte dianteira da súa primeira aleta dorsal.]]
[[Ficheiro:Thresher shark.jpg|thumbminiatura|Os [[raposo do mar|raposos do mar]] (''Alopias vulpinus'') utilizan a súa longa aleta caudal para reunir e atordoar ás súas presas.]]

=== Mandíbulas ===
Liña 101:

=== Órganos reprodutores masculinos ===
Os tiburóns machos teñen un par de [[pterigopodio]]s,<ref name=Elasmo>[http://elasmo-research.org/education/topics/lh_2penises.htm Why Do Sharks Have ''Two'' Penises?] en Biology of Sharks & Rays.</ref> {{en}} Consultada o 9/12/2012.</ref> órganos cilíndricos [[pene|peneanos]]anos formados a partir dunha modificación das [[Aleta|aletas pelvianas]]. Nos machos inmaturos os pterigopodios son curtos e brandos, pero nos individuos sexualmente maduros son longos e ríxidos, a causa da calcificación que experimentan no curso da maduración. Durante a [[cópula]] o macho introduce un deles na abertura xenital da femia e, nalgunhas especies o extremo ábrese, fixando o pterigopodio e mantendo o [[oviduto]] aberto para facilitar o paso dos [[espermatozoide]]s; estes saen polo poro xenital do macho e son conducidos por un canal presente ao longo do pterigopodio; asociados a este último hai dous sacos musculares dirixidos cara adiante baixo a pel do ventre; antes da cópula estes énchense de auga, a cal se expulsa despois para que arrastre o [[seme]] desde o pterigopodio até o oviduto da femia. Os espermatozoides prodúcense en [[testículo]]s pares e almacénanse xa sexa nos [[espermiduto]]s ou ben en sacos espermáticos accesorios. Nalgunhas especies, como a '''quenlla''' (''[[Prionace glauca]]''),<ref>A verdadeira '''quenlla''', nome que algúns autores fan extensivo a todos os tiburóns.</ref> os espermatozoides empaquétanse en cápsulas protectoras chamadas [[espermatóforos]].

=== Apareamento ===
Liña 217:
Hai ao redor de 100 millóns de anos xurdiron os tiburóns modernos. Algúns, como ''[[Carcharodon megalodon]]'' o que, como todo tiburón extinto, coñécese polos seus dentes (os únicos ósos encontrados nestes peixes cartilaxinosos e, por tanto, os únicos [[fósil]]es producidos). Unha primeira reprodución da mandíbula baseada nalgúns dos maiores dentes deu como resultado que o peixe podía ter até 36 m de lonxitude; os cálculos revisáronse posteriormente estimándose que podería chegar a medir uns 15 m, converténdose no maior cazador mariño.

[[Ficheiro:Falcatus.jpg|thumbminiatura|250 px|Tiburóns extintos do xénero ''[[Falcatus]]''.]]

A finais do [[Permiano]] produciuse unha extinción en masa que fixo desaparecer o 90% das especies mariñas, entre elas as dos condrictios. Unha segunda extinción, a finais do [[triásico]], produce de novo unha selección, eliminando, por exemplo, os [[xenacantos]], que viviran durante 200 millóns de anos.
Liña 228:

== Os tiburóns en Galicia ==
X. L. Rodríguez Villanueva e Xavier Vázquez, na súa obra ''Peixes do mar de Galicia, (I) Lampreas, raias e tiburóns''<ref name="Véxase bibliografía">Véxase bibliografía.</ref> dan conta das principais especies de tiburóns que se achan preto das costas galegas, tanto dos que teñen importancia económica, moita ou pouca, como os que só teñen interese científico, ocupándose da súa descrición e bioloxía.

Por outra parte, Manuel R. Solórzano ''et al.'', na obra ''Inventarios dos peixes do litoral galego''<ref name="Véxase bibliografía"/> relacionan e catalogan, segundo a ordenación sistemática de CLOFNAN (1973) todos os peixes mariños citados nas costas galegas (agás os representantes do xénero ''[[Salmo]]''), entre os que se incúen, obviamente, os tiburóns. De acordo con esta obras, podemos considerar como ''galegas'' as seguintes especies:
Liña 272:

== Sobrepesca de tiburóns ==
[[Ficheiro:Global shark catch.svg|thumbminiatura|250px|A captura anual de tiburóns incrementouse rapidamente nos últimos 50 anos.]]

Os tiburóns péscanse comercial e ludicamente. O ser humano, como superpredador, está exterminando a estes peixes. Algúns son pescados simplemente por deporte, outros por alimento e algunhas especies para obter outros produtos.
Liña 297:

No ano ([[2012]]), en [[Bruxelas]], debateuse no seo da [[UE]] sobre a protección das poboacións de tiburóns. [[Europa]] busca a fin do ''[[finning]]'' (separación da aleta do tiburón e botar o corpo pola borda). Pero o que podería facer nese intento supón, talvez, acabar con boa parte da frota galega, que pesca, sobre todo, [[marraxo]]s e [[quenlla]]s, e que vende as súas aletas, pero tamén a carne, a pel, o fígado e até as cartilaxes. Porén, Bruxelas pretende facerlle compartir con [[Portugal]] a factura ecolóxica dunha práctica que se achaca ás frotas asiáticas que, como quedou dito, alixan as aletas e tiran os corpos pola borda. A patronal española, [[Cepesca]], rexeita o ''finning'' e defende o aproveitamento integral dos escualos, e afirma que os 141 barcos de pabellón español que faenan no [[Índico]], o [[Atlántico]] e o [[Pacífico]], aproveitan todo o peixe. Aínda máis, recalca que tiran máis beneficios coa venda dos corpos que das aletas, o 55 % fronte ao 45 % dos ingresos desta pescaría. Porén, as medidas para desaletalo que propón Bruxelas poderían levar á frota galega a unha crise e danar a un sector que pesca de forma responsábel.
[[Ficheiro:Poxa de quenlla ou tiburón azul (Prionace glauca) no porto pesqueiro de Vigo.jpg|thumbminiatura|250 px|Poxa de quenlla (''Prionace glauca'') no porto de Vigo.]]
[[Ficheiro:Poxa de marraxo (Isurus oxyrinchus) no porto pesqueiro de Vigo.jpg|thumbminiatura|250 px|Poxa de marraxo (''Isurus oxyrinchus'') no porto de Vigo.]]

Os conxeladores dispoñen de permisos especiais que lles permiten capturar tiburóns e que estas autorizacións poderían retirarse se entra en vigor a norma tal e como pretende a [[Comisión Europea]]. O método español de pesca de tiburón supón a sección da aleta do corpo a bordo dos buques e a súa conxelación por separado nas bodegas; ao chegaren a terra, os corpos destínanse a [[América]] e a [[Europa]], mentres que as aletas van a [[Asia]]. A iniciativa da UE prevé un tallo na aleta, pero sen separala do corpo, e que a incisión total se realice en terra. Os armadores cren que isto implicaría un aumento da perigrosidadr laboral —polo risco de cortarse coas aletas conxeladas ao manipular o peixe—, menos espazo de almacenaxe e a ruptura da cadea de xeo, pois para separar a aleta habería que desconxelar algo o produto. A frota galega propón que se obrigue a desembarcar no mesmo porto aletas e corpos; que se prohíba o cercenamento de aletas nos barcos de fresco e que as organizacións rexionais de pesca tutelen a actividade na súas áreas. Tamén piden que sigan os permisos especiais para os conxeladores e que se implante un sistema de trazabilidade. Isto complementaríase cun plan de capturas mundial, onde se limite o esforzo pesqueiro, se fixen vedas e se prohíban os transbordos en alta mar.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2012/02/17/galicia-gana-venta-cuerpo-aleta-tiburon/0003_201202G17P45991.htm Galicia gana más con la venta del cuerpo que con la aleta de tiburón] Diario ''La Voz de Galicia'', 17/02/2012. Consultada o 11/11/2012.</ref>