Xoán Xurxo II de Saxonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Traxectoria: Arranxos varios
Liña 7:
Sucedeu a seu pai como elector despois da súa morte o [[8 de outubro]] do ano [[1656]].
 
O seu goberno estivo marcado polo renacemento da economía de Saxonia trala [[Guerra dos Trinta Anos|guerra dos Trinta Anos.]]. Por mor dun interese persoal, contribuíu no nacemento de numerosas industrias e negocios para mellorar a economía do electorado (teas, carbón, vidro, entre outras). A prata extraída das proximidades volveu encher as arcas do estado e a acuñar novamente moeda. Incluso os bohemios exiliados contribuíron ó desenvolvemento da economía.
 
No ano 1657 fai un acordo cos seus irmáns a fin de evitar futuras disputas e divisións do ducado. O ano 1664 estabeleceu amizade con [[Luís XIV de Francia]], isto levouno a enfrontarse duramente coa oposición dalgunhas faccións saxoas anti francesas, o que o empuxou a adherirse á política de [[Leopoldo I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Leopoldo I de Habsburgo]], deixando de lado ó rei francés.
 
Os maiores intereses do elector non estaban na política, senón na música e a arte. Centrou a súa atención na súa cidade natal, [[Dresden]], que baixo o seu goberno se converte no principal centro musical de Alemaña. Xoán Xurxo acolle na súa espléndida corte a músicos de todas partes do mundo e gañou axiña o título de mecenas.
 
As grandes sumas que o seu estado reportaba levárono o ano [[1661]] a revisar a política económica do electorado, que por outra banda tiña un desenvolvemento militar moi inferior a estados veciños como Bohemia ou Prusia.