Diferenzas entre revisións de «Isótopo»

de un > dun
m (Desfixéronse as edicións de 88.4.105.53 (conversa); cambiado á última versión feita por Sobreira)
Etiqueta: Reversión
(de un > dun)
 
Os '''isótopos''', (do [[Grego antigo|grego]]: ἴσος, isos = mesmo; τόπος, tópos = lugar) son tódolos tipos de [[átomo]]s de undun mesmo [[elemento químico|elemento]], que se atopan no mesmo sitio da [[táboa periódica dos elementos|táboa periódica]] pero teñen distinto [[número másico]]. Os átomos que son isótopos entre si son os que teñen igual [[número atómico]] (número de [[protón]]s no núcleo) pero diferente [[número másico]] (suma do número de [[neutrón]]s e de protóns no [[Núcleo atómico|núcleo]]), polo que son distintos no seu número de [[neutrón]]s. A maioría dos elementos químicos posúen máis dun isótopo. Soamente 21 elementos (coma o [[berilio]] ou o [[sodio]] por exemplo) posúen un só isótopo natural.
 
Os isótopos denotanse polo nome do elemento correspondente seguido polo [[número másico]], separados habitualmente por un guión ([[carbono-12]], [[carbono-14]], [[uranio-238]] etc.). En forma simbólica, o número de [[nucleón]]s engádese coma superíndice á esquerda do [[símbolo químico]]: <sup>3</sup>H ([[hidróxeno]]-3). Algúns isótopos posúen nomes concretos, coma o hidróxeno-2, chamado [[deuterio]], e o hidróxeno-3, coñecido coma [[tricio]].
11.525

edicións