Brooklyn Nets: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
de un > dun
Liña 86:
Na noite do Draft de 2001, os Nets traspasaron os dereitos sobre a súa selección de primeira rolda ([[Eddie Griffin]]) aos [[Houston Rockets]] a troco de [[Richard Jefferson]], [[Jason Collins]] e [[Brandon Armstrong]]. Ademais, na segunda rolda seleccionaron a [[Brian Scalabrine]]. Un día despois do Draft, o [[28 de xuño]], Thorn decidiu traspasar ao [[All-Star da NBA|All-Star]] [[Stephon Marbury]] aos [[Phoenix Suns]] a cambio doutro [[base (baloncesto)|base]] All-Star, [[Jason Kidd]]. Este movemento deu á franquía algo do que careceu durante practicamente toda a súa historia, un líder na pista que facía mellores aos seus compañeiros. A temporada {{nbay|2001}} resultou ser a mellor tempada na historia da NBA do equipo, e no proceso, os Nets convertéronse nun dos equipos máis emocionantes de ver. O equipo gañou o seu primeiro título da [[División Atlántico da NBA|División Atlántico]] cun récord de 52-30, sendo ademais o cabeza de serie da [[Conferencia Leste da NBA|Conferencia Leste]] nos Playoffs. Na primeira rolda agardaban os [[Indiana Pacers]]. Despois de perder o primeiro partido na casa, os Nets gañaron os dous seguintes encontros antes de perder o cuarto. No partido definitivo, o equipo de Nova Jersey gañaba por nove puntos a falta de cinco minutos, porén, unha canastra tripla de [[Reggie Miller]] dende unha distancia de máis de 10 metros enviaba o partido á prórroga. Na prolongación, os Nets conseguen gañar e pasar de rolda.
 
En semifinais de Conferencia gañan con menos problemas (4-1) aos [[Charlotte Hornets]], clasificándose para xogar a final de conferencia por primeira vez na súa historia, sendo o rival os [[Boston Celtics]]. Esta serie é lembrada por dibo a que [[Jason Kidd]] tivo que xogar co ollo esquerdo por un golpe recibido durante un dos partidos. Despois de gañar o primeiro enfrontamento, os Nets perderon o segundo partido en casa. No terceiro partido, os de Nova Jersey gañaban de 21 no último cuarto, mais os Celtics conseguiron remontar (94-90) poñéndose por diante na serie. No cuarto partido, co encontro empatado a falta de undun minuto para o final, os Nets conseguen levarse a vitoria grazas a uns tiros libres anotados por Harris a falta 6,6 segundos. Os Nets conseguirán gañar os dous seguintes partidos, o que supuxo o seu primeiro campionato de Conferencia da NBA. Con todo, nas Finais foron varridos polos [[Los Angeles Lakers|Lakers]] de [[Shaquille O'Neal]] e [[Kobe Bryant]].
 
Previo ao comezo da temporada {{nbay|2002}}, os Nets trocaron a Van Horn para obter a [[Dikembe Mutombo]] procedente dos [[Philadelphia 76ers]]. Con todo, esta mudanza co fin de mellorar ao equipo non funcionou xa que Mutombo estivo no banco case toda a tempada por mor dunha lesión na boneca, ademais tampouco participaría moito nos playoffs debido a diferenzas co adestrador [[Byron Scott]]. A pesar da ausencia de Mutombo, o equipo finalizou cunha marca de 49-33 volvendo obter o título da División Atlántico. Nos playoffs de 2003, gañaron o seu segundo campionato de conferencia seguido. Derrotaron a [[Milwaukee Bucks]] en primeira rolda, e logo varreron aos Boston Celtics e aos [[Detroit Pistons]] para chegar ás Finais, esta vez enfrontándose aos [[San Antonio Spurs]]. A serie terminou empatada despois dos catro primeiros partidos, mais os Nets fixeron un errático quinto encontro perdendo. No sexto enfrontamento, aínda que os Nets gañaban por 10 puntos ao final do terceiro cuarto, un parcial de 19-0 dos Spurs concedeulles o título.