Joan Peiró: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Liña 23:
En 1930 asinou o manifesto de «Intelixencia Republicana», polo que recibiu numerosas críticas internas que o levaron a retirar a sinatura. Seguiu defendendo as federacións de Industria, ata que no congreso da CNT de 1931 en Madrid conseguiu un apoio masivo fronte ás teses faístas. Nese mesmo congreso apoiou o relatorio sobre a «Posición da CNT fronte ás Cortes Constituíntes» na que se defendía que a proclamación da República podería supor un avance para a clase traballadora. Este relatorio foi aprobado con algunhas modificacións pese á oposición dos sectores faístas que vían nela un apoio á maquinaria política burguesa.
 
Tamén en 1931 asinou xunto a outros 29 destacados cenetistas, entre eles [[Ángel Pestaña]], o «Manifiesto Treintista», onde se analizaba a situación económica e social de España e se criticaba tanto ó goberno republicano como ós sectores cenetistas máis radicalizados. A reacción destes últimos provocou a dimisión de Pestaña do seu posto no comité nacional da organización e a saída dos sindicatos de [[Sabadell (Barcelona)|Sabadell]], ós que posteriormente se foron engadindo outros que acabaron constituíndo un bloque denominado «sindicatos de oposición». Aínda que Peiró participou nesta escisión non desempeñou responsabilidades destacadas e tratou de tender pontes para evitar a ruptura definitiva. A reunificación tivo lugar en 1936.
 
Trala sublevación dos militares rebeldes, Peiró actuou de vicepresidente do comité antifascista de Mataró, marchándose os seus fillos á fronte. Defendeu a entrada da CNT na Generalitat de Cataluña e no Goberno da República e propuxo unha República Social Federal como forma de estado ó rematar a guerra.