Fernando de Magalhães: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 18:
Con 25 anos alistouse na armada que foi á [[India]] mandada por [[Francisco de Almeida]], pero o seu nome non figura nas crónicas. Porén, sábese que permaneceu alí oito anos, que estivo en [[Goa]], [[Cochín]], [[Quíloa]], que acompañou a [[Diogo Lopes de Sequeira]] a [[Malaca]], viaxe que acabou en naufraxio. Neste período de tempo que viviu no [[Oriente]], Magalhães estableceu estreitas relacións de amizade con Francisco Serrán, que veu ser gobernante nas [[Molucas]]; del obtería informacións referentes á situación dos lugares produtores de especias.
 
Téndose distinguido na defensa de [[Azamor]]

, en que acompañara ao duque de Bragança, pediu a [[Manuel I de Portugal]] unha recompensa polos seus feitos; mais os comentarios que corrían sobre a maneira pouco escrupulosa como dividira os botíns dunha incursión chegaran aos oídos do Rei. Isto levouno a xustificarse perante o rei Manuel I, quen o considerou inocente, aínda que non lle concedeu as mercés pedidas.
 
En [[1517]] foi a [[Sevilla]] con [[Rui Faleiro]], tendo encontrado no feitor da ''Casa de la Contratación'' daquela cidade un adepto do seu proxecto que entre tanto concibira: ofrecerlle ao Rei de España a posibilidade de chegar ás Molucas por mares non reservados aos portugueses no [[Tratado de Tordesillas]] e, alén diso, segundo Faleiro, probaríase que aquelas illas das especias se situaban no hemisferio castelán. Coa influencia do bispo de [[Burgos]] conseguiron a aprobación do proxecto por parte de [[Carlos I de España|Carlos V]], e comezaron os preparativos para a viaxe, cheos de incidentes; despois da ruptura con Rui Faleiro, Magalhães continuou a aparellaxe dos cinco navíos que, con 256 homes de tripulación, partiron en [[setembro]] de [[1519]].