Medio de comunicación de masas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Xeografía e historia}}
Moedagalega (conversa | contribucións)
Arranxo de tradución.
Liña 4:
Un '''medio de comunicación de masas''' é un termo empregado para chamar o sector dos [[medio de comunicación|medios de comunicación]] especificamente concibidos e [[deseño|deseñados]] para ter unha [[Audiencia (medios de comunicación)|audiencia]] o máis numerosa possible, en xeral coidando por maximizar este parámetro e non optimizalo. Tamén é o nome que recibe a [[interacción social|interacción]] entre un [[emisor]] único (ou comunicador) e un [[receptor]] masivo (ou audiencia), un grupo numeroso de persoas que cumpran simultaneamente tres condicións: ser grande, ser heteroxéneo e ser anónimo. Os medios de comunicación de masas só son instrumentos da comunicación de masas e non o [[Comunicación (linguaxe)|acto comunicativo]] en si.
 
Malia que nun principio un medio de comunicación é calquera instrumento empregado para transmitir e recibir [[dato|datos]], o termo úsase para nomear aqueles que son quen de achegar a un gran público a [[información]], o [[entretemento]] ou a [[propaganda]]. Co estabelecemento dunha rede de radio a partir da [[década de 1910]] e a xeneralización de xornais ambcon gran tiraxe, orixinouse o termo de ''Mass media'', concepto da [[década de 1920]].
 
A masa dos medios de comunicación é unha colección diversificada de medios tecnolóxicos que chegan a unha grande audiencia a través da comunicación de masas. As tecnoloxías a través da cal se leva a termo esta comunicación inclúen unha variedade de puntos de venda. A comunicación de masas é aquela comunicación na cal as mensaxes son transmitidas publicamente, empregando medios técnicos, indirectamente e unilateralmente. Esta comunicación provoca que nos dirixamos a un público disperso ou colectivo. Polo tanto, esta comunicación crea un [[imaxinario colectivo]] que provoca que toda a poboación teña unha mesma idea sobre o que as masas queren, creando un estereotipo do cal ten que ser.