Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Lenin - The Third, Communist International.ogg|miniatura|right|239x239px|<center>''Discurso de Lenin na 3ª Internacional''</center>.]]
{{Contén texto cirílico}}
'''Vladimir Ilich Lenin''' (en [[lingua rusa|ruso]]: Владимир Ильич Ленин; <small>[[Alfabeto Fonético Internacional|AFI]]</small>: [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] <small class="nowrap">&nbsp;([[Ficheiro:Speaker Icon.svg|13px|alt=|link=]] [[Media://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/8c/Ru-Lenin.ogg| escoitar]])</small>; nado '''Vladimir Ilich Ulianov''', en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o [[22 de abril]] <small>([[Calendario xuliano|xul.]] [[10 de abril]])</small> de [[1870]] en [[Simbirsk]] e falecido o [[21 de xaneiro]] de [[1924]] en [[Moscova]], foi un [[Revolución|revolucionario]] [[Comunismo|comunista]], [[político]] e [[Ciencia política|teórico político]] [[Rusia|ruso]] que serviu como líder da [[República Socialista Soviética Federativa de Rusia|R. S. S. F. de Rusia]] dende [[1917]] e de presidente do Consello de Ministros da [[Unión Soviética]] dende [[1922]] até [[1924]].
 
Nado no seo dunha adiñeirada familia de [[Clase social|clase media]] en [[Simbirsk]], Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de [[esquerda política|esquerda]] logo da execución do seu irmán en [[1887]]. Pouco despois ingresa na Universidade de Kazán, onde é expulsado pola súa participación en protestas [[Tsar|antitsaristas]], adicando os seguintes anos á obtención do título en [[dereito]] e á [[Radicalidade|política radical]], adoptando as teses do [[marxismo]]. En [[1893]] mudouse á daquela capital de Rusia [[San Petersburgo]], onde continuou coa súa actividade política, converténdose nunha figura importante dentro da Unión de Loita pola Emancipación da Clase Obreira. Arrestado e exiliado a [[Siberia]] durante tres anos, consegue fuxir posteriormente cara a [[Europa occidental]], vivindo en [[Alemaña]], [[Inglaterra]] e [[Suíza]]. Despois da [[Revolución de Febreiro|Revolución de Febreiro de 1917]] na que foi derrocado o [[Tsar]], e na que un goberno provisional asume o poder, decide regresar ao seu lar.
 
=== Lenin sobre o antisemitismo ===
[[Ficheiro:Ekaterinoslav1905.jpg|miniatura|Nenos xudeus asasinados nos [[pogrom]]s do [[Imperio Ruso]] en [[1905]] en Yekaterinoslav (hoxe Dnipropetrovsk[[Dnipro]]). A persecución institucionalizada dos xudeus convenceu a Lenin de que eran vítimas da opresión tsarista.]]
Lenin amosábase entusiasmado coa novas tecnoloxías de comunicación de masas como a [[Radio (medio de comunicación)|radio]] e o [[gramófono]],<ref>{{cita libro|autor=Clark, Ronald W.|título=Lenin: The Man Behind the Mask|localización=Londres|editor=Faber and Faber|ano=1988|páxina=456|isbn=978-0-06-015802-6|lingua=inglés}}</ref> e a súa capacidade para educar a unha Rusia na que a maior parte do campesiñado era analfabeto. En [[1919]] Lenin gravou oito discursos en discos de vinilo, dos cales sete foron publicados durante a época de [[Nikita Khrushchev]] ([[1953]]-[[1964]]). O oitavo discurso, que non se publicou, refírese aos pensamentos de Lenin sobre o [[antisemitismo]]<ref>{{cita web|autor=Lenin, Vladimir|url=http://www.marxists.org/archive/lenin/works/1919/mar/x10.htm|data=[[marzo]] de [[1919]]|título=Anti-Jewish Pogroms|editor=Lenin Internet Archive|lingua=inglés|dataacceso=[[26 de febreiro]] de [[2013]]}}</ref>:
 
Usuario anónimo