Andrés Colombo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m →‎Traxectoria: arranxiños
Liña 4:
 
==Traxectoria==
Foi militante de [[Izquierda Comunista de España|Izquierda Comunista]] e secretario do Sindicato de Oficios Varios de Padrón (UGT) durante a [[Segunda República Española|Segunda República]] e pasou algúns meses na cadea a resultas da súa intervención nas accións solidarias coa frustrada [[Folga xeral revolucionaria de 1934]]. Colaborou cos seus deseños en ''[[El Pueblo Gallego]]'' e na revista madrileña ''Nosotros''. Na Guerra civil loitou no bando republicano integrado nas Milicias do [[Partido Obrero de Unificación Marxista|POUM]] e ao seu remate pasou a Francia, onde estivo internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Abandonou o debuxo e a pintura e colaborou nas actividades antifranquistas como enviado da IV Internacional ata que foi detido en Xirona en [[1947]]. En [[1965]] retornou a España e instalouse en València, onde retomou a pintura. A súa obra inscríbese na corrente surrealista. Os seus debuxos inciden na busca do volume. A súa obra está, no Museo de Lugo e no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside de Sada.
 
==Véxase tamén==