Revolución social española de 1936: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m →Primeira fase da revolución (xullo-setembro 1936): O verán da anarquía: Partido Obrero de Unificación Marxista |
m →Sucesos posteriores relacionados: Partido Obrero de Unificación Marxista |
||
Liña 95:
=== Sucesos posteriores relacionados ===
O día 25 queda excluída a [[FAI]] dos Tribunais Populares. O 8 de xuño de 1937 o goberno (trasladado a [[Valencia]]), lanza un decreto polo que legalizaba temporalmente as colectividades rurais que aínda non foran disoltas. O 14 de xuño fórmase un novo goberno da Generalitat, tamén sen os anarquistas e os revolucionarios. O 15 é ilegalizado o [[Partido Obrero de Unificación Marxista|POUM]] e o seu comité executivo é detido. O 16 disólvese a 29ª División (Ex División Lenin, do POUM).
O 7 de agosto o goberno reautoriza o culto relixioso en privado, unha das súas moitas medidas intentando restablecer o poder do Goberno na zona republicana. Tres días despois tropas do Exército republicano ocupan militarmente o Consello Rexional de Defensa de Aragón, ó tempo que en Barcelona se producen manifestacións contra a suspensión da publicación anarcosindicalista ''Solidaridad Obrera'', disoltas con gran violencia. O día 16 prohibense en Barcelona os mitins políticos. O 26 do mesmo mes o Consello asturiano proclámase [[Consello Soberano de Asturias e León]], ente soberano e independente da [[Segunda República Española|República]].
|