Diferenzas entre revisións de «Xuventudes Socialistas de España»

Arranxiños
(Arranxiños)
A situación laboral dos mozos españois, sobre todo nas empresas mineiras e siderúrxicas do norte de [[España]], así como a vontade de combater o nacionalismo vasco, levou a Tomás Meabe a fundar a primeira agrupación de mozos socialistas en Bilbao en [[1903]], imitando o modelo [[Austria|austríaco]] e de acordo coas teses propugnadas por [[Rosa Luxemburg]]o. En [[1905]], celebrábase en [[Madrid]] o II Congreso ordinario do Partido Socialista, no que se recoñece a organización de Meabe como rama xuvenil do PSOE.
 
Do [[14 de abril|14]] ao [[17 de abril]] de [[1906]] celebrancelebraron o seu primeiro congreso como Federación Nacional de Xuventudes Socialistas de España. Esta primeira toma de contacto non vén acompañada dun programa político claro, limitándose a formular unha opción antimilitarista. Tamén se caracterizaban pola súa loita contra o [[alcoholismo]] xuvenil, moi estendido entre a clase obreira naquela época. O seu órgano de prensa dende febreiro de [[1907]] foi ''Renovación''. A organización é recoñecida como tal polo PSOE en [[1908]].
 
En [[1910]] realizarealizou as primeiras mobilizacións masivas contra a [[Guerra do Rif|Guerra de Marrocos]] e, posteriormente, contra a [[Primeira Guerra Mundial]].
 
Moi activa durante a folga xeral durante a coñecida como crise española de [[1917]], obtería nas filas do PSOE o seu primeiro deputado en [[1918]].
22.618

edicións