Forzas armadas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Organización: +trad ca.wiki
Liña 26:
 
Cada rama divídese, ademais, en unidades organizativas menores. Por exemplo, o exército de terra divide aos seus efectivos en [[División (militar)|divisións]], [[brigada]]s, [[rexemento]]s etc. Estas unidades poden incluír persoal dunha única especialidade ou ben ser unidades conxuntas, agrupando ás diversas especialidades que precisa para levar a cabo a súa misión.
 
== Compoñente humano ==
[[Ficheiro:Romanian_soldiers_DF-ST-98-05581.JPEG|miniatura|Soldados romaneses facendo o servizo militar obrigatorio.]]
Segundo as circunstancias históricas e a contorna cultural e social, cada estado organiza o compoñente humano das súas forzas armadas, e entre elas o exército, de diferente forma:
 
* [[Servizo militar|Servizo militar obrigatorio]]
* Exército profesional
* Recrutamento mixto
* Milicia permanente
 
Na maioría de estados componse a partir dos cidadáns que son alistados en base dun servizo militar obrigatorio de diferente duración; aínda así, na maioría dos estados occidentais actualmente a participación no exército é voluntaria. En moitos estados onde está en vigor, o servizo militar obrigatorio pode ser substituído por un [[servizo civil]] por razóns de conciencia.
 
Os exércitos teñen unha [[unidade militar|estrutura xerárquica]] estrita, baseada en [[unidade militar|unidades militares]] baixo un mando. O [[comandando]] supremo adoita ser a cabeza do Estado ou a persoa en quen delegue; a partir del os mandos son responsables de unidades de entidade cada vez menor, e con menor número de persoas.
 
Os militares profesionais fórmanse en diferentes [[Academia militar|academias militares]]; sáese co grao de [[subtenente]] ou equivalente, en caso de tratarse dunha academia de oficiais, ou de [[Cabo (xerarquía militar)|cabo]] no caso de que se trate dunha academia de suboficiais. As academias navais militares xeralmente inclúen un periplo nun barco escola, e sáese coa gradación de [[alférez de navío]] ou [[gardamariña]].
 
== Clasificación e tipos ==