Forzas armadas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000}}
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 21:
 
== Organización ==
As forzas armadas dun país divídense en ramas. Na maioría dos casos existen tres ramas dentro das forzas armadas: un exército de terra, unha mariña de guerra e unha forza aérea. En países pequenos ou con forzas armadas de escasa entidade esta división das forzas armadas non existe, estando a totalidade dos recursos militares agrupados nunha única institución. Noutros casos existe algunha rama adicional a estas tres, ben pola importancia da súa función oou por tradición histórica. É o caso, por exemplo, da [[Infantería de Mariña dos Estados Unidos]] ou as [[Tropas de Mísiles Estratéxicos de Rusia]]. Ademais, poden existir outras ramas das forzas armadas que non sexan estritamente militares, como o caso dos corpos policiais militarizados, por exemplo a [[Garda Civil]] española, a [[Xendarmería]] francesa ou os [[Carabinieri]] italianos.
 
En cada rama das forzas armadas existen corpos que dividen aos seus membros segundo a súa especialización. Así, atopamos corpos de [[infantaría]], [[cabalaría]], [[artillaría]], enxeñaría militar, sanidade, loxística, intendencia ou música.
 
Cada rama divídese, ademais, en unidades organizativas menores. Por exemplo, o exército de terra dvidedivide aos seus efectivos en [[División (militar)|divisións]], [[brigada]]s, [[rexemento]]s etc. Estas unidades poden incluír persoal dunha única especialidade ou ben ser unidades conxuntas, agupandoagrupando ás diversas especialidades que precisa para levar a cabo a súa misión.
 
== Clasificación e tipos ==