Diferenzas entre revisións de «Frank País»

sen resumo de edición
m (Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (2))
{{Biografía|ocupación=[[Reforma universitaria|Reformista]]<br/>[[Maestro]]<br/>[[Activista]]}}
'''Frank Isaac País García''', ou "Paris", nado en [[Santiago de Cuba]] o [[7 de decembro]] de [[1934]] e morto na mesma cidade o [[30]] de xullo de [[1957]], foi un dirixente estudantil reformista, mestre e revolucionario [[cuba]]no, de orixe [[Pobo galego|galega]], que loitou contra a ditadura de [[Fulgencio Batista]] integrando o [[Movemento do 26 de xullo|Movemento 26 de Xullo.]] O seu asasinato pola policía nas rúas de Santiago de Cuba o 30 de xullo de 1957, cando contaba con 22 anos, desencadeou unaunha vaga de protestas en todo o país e constituíu un acontecemento decisivo para impulsar a [[Revolución Cubana|Revolución cubana.]] Está considerado en Cuba un [[mártir]] da revolución.<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20080617045109/http://www.cmkc.co.cu/2004/Historia/h34.htm|páxina-web=www.cmkc.co.cu|título=En el recuerdo eterno, Frank País García|data-acceso=2 de xaneiro de 2019|lingua=es}}</ref>
 
== Traxectoria ==
O [[30 de xuño]] de 1957 foi asasinado o seu irmán [[Josué País]] e exactamente un mes despois resultou el mesmo asasinado no Canellón do Muro de Santiago de Cuba, xunto con Raúl Pujol.
 
O xornalista Pedro García relata así o momento do seu asasinato:"Ao mediodía, despois do xantar, reuniuse con dous mozos do Movemento. Traíanlle o libro que pedira: ''Entre a liberdade e o medo'', de Germán Arciniegas. Unha das mulleres decatouse que a policía de Batista viña rexistrando unasunhas rúas máis abaixo, casa por casa, a rúa San Germán. El tomou unha decisión: ordenou aos dous mozos que se foran no coche. Alegou que lle sería moito máis doado fuxir a pé. Deulles algúns documentos ás mulleres. "Non poden caer nas mans da tiranía", dixo. Saíu co propietario da casa, o combatente Raúl Pujol, San Germán arriba. "Oe, detén eses dous", gritou un esbirro. Foron cercados polos uniformados. "Pero non sabe quen é este, coronel? -un connotado acusón sorriu cinicamente.- É Frank País."Empezaron a golpealos. Cando Pujol finalmente foi ametrallado, o mozo xa non tiña coñecemento. Frank foi empuxado cara ao canellón do Muro e ametrallado a balazos. "Todo o mundo aquí ten que tirar, diante de todo Santiago", gritou o coronel. Os esbirros baleiraron as súas armas sobre os cadáveres. Tiraron cerca do de Frank unha pistola 45 con dous pentes; logo viuse que eran dun calibre diferente. Foi o 30 de xullo de 1957".<ref>{{Cita libro|título=La clandestinidad tuvo un nombre: David|apelidos=Portuondo López|nome=Yolanda|editorial=Editora Política|ano=1988|ISBN=|ref=}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Frank, sus últimos treinta días|apelidos=Portuondo López|nome=Yolanda|editorial=|ano=|ISBN=|ref=}}</ref>
 
En resposta declarouse unha [[folga]] xeral en toda Cuba e o seu enterro organizouse como un desafío á ditadura de Batista e alcanzou unha convocatoria masiva que a fixo a máis grande manifestación popular coñecida até entón por esa cidade. O corpo de País foi vestido co uniforme verde oliveira e o brazalete negro e vermello do Movemento 26 de Xullo.<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20070529101956/http://cmkc.co.cu/2004/Historia/f1.htm|páxina-web=www.cmkc.co.cu|título=Frank País: una figura insigne|data-acceso=2 de xaneiro de 2019|lingua=es}}</ref>
238.711

edicións