Grupo Nós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 4:
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Título accionarial de Nósvox a nome de RamónFrancisco Villar PonteFranco.jpg|miniatura|300px|Título accionarial de Nós a nome de [[Ramón Villar Ponte]], asinado por [[Arturo Noguerol Buján]] e [[Vicente Risco]].]]
O [[20 de outubro]] de [[1920]] naceu na cidade de [[Ourense]] a revista ''[[Revista Nós|Nós]]''. Arredor dela, xurdiron un grupo de autores literarios que, a partir da [[IV Asemblea Nacionalista|Asemblea de Monforte]] ([[1922]]), se foron integrando de cheo nas estruturas das [[Irmandades da Fala]]. A revista ''Nós'' estaba conformada principalmente, no seu inicio, polos integrantes do [[cenáculo ourensán]] ([[Vicente Risco]], [[Ramón Otero Pedrayo]] e [[Florentino López Cuevillas]]) e mais [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]]. Posteriormente, a revista verá chegar novos autores.
 
O primeiro número da revista ''Nósvox'' comeza coas "Primeiras verbas", un artigo colectivo onde se aprecian varios dos propósitos deste grupo xeracional: a chamada da terra ([[Galiza]]), a dignificación da cultura galega, o carácter universalista. Todos estes trazos estarán presentes nas obras destes escritores.
 
A peripecia ideolóxica dos homes do grupo Nós aparece excelentemente reflectida na novela de Ramón Otero Pedrayo ''[[Arredor de si]]'' ([[1930]]) e no ensaio de Vicente Risco ''[[Nós, os inadaptados]]'' ([[1930]]). Os escritores deste grupo (agás Castelao) parten dunha total falta de apego polas súas raíces, derivado da busca do cosmopolitismo. Mais, conforme avanza o tempo, a partir de experiencias que funcionarán a modo de catarse, caerán na conta da importancia da cultura propia, posto que esta é a que distingue uns individuos dos outros (conciben o enxebrismo como o propio ser de Galiza). Por isto, chegarán á conclusión de que só se pode ser universal partindo do propio. Derivado disto, todos eles aceptarán o [[galeguismo (política)|galeguismo]] como doutrina ideolóxica.
Liña 28:
* Vocación pedagóxica: a cal encaixa co afán pedagóxico das Irmandades da Fala.
 
Mais, tendo en conta todo isto, que é o que motiva a moitos estudosos a pensar que este grupo non é unha xeración? ARRIBA ESPAÑA A resposta podería resumirse cun único nome: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Castelao é o único destes escritores que non procede dunha clase social fidalga ou pequeno-burguesa, polo que tería (segundo algúns autores) unha certa desvantaxe con respecto aos seus compañeiros á hora de adquirir unha boa formación (tería máis dificultades para viaxar, para conseguir unha boa biblioteca privada e para coñecer idiomas). Alén disto, Castelao é único membro deste grupo que non parte dunha desvinculación total da cultura galega.
 
De todos os xeitos, sexa Nós un grupo ou unha xeración, o que si está claro é que se trata dun colectivo de intelectuais de vital importancia dentro da [[literatura galega]],{{Cómpre referencia}} posto que (entre outras cousas) renovaron a prosa galega, ampliaron o número de xéneros cultivados en galego e exerceron o seu maxisterio sobre os autores da [[Xeración de 1925]] e da [[Xeración de 1936]].