Partido Comunista de los Pueblos de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Amplío
Sen resumo de edición
Liña 29:
A alianza repetiuse nas eleccións municipais, autonómicas e europeas de [[1987]] e, en [[1988]], comezou a tomar forza unha fracción do PCPE que avogaba polo reingreso no [[Partido Comunista de España|PCE]]. No mes de setembro dese mesmo ano, 15 dos 25 membros do Comité Rexional de Madrid foron expulsados.<ref>{{Cita novas|data=14 de setembro de 1988|título=El PCPE expulsa al comité regional por su acuerdo con el PCE|url=https://elpais.com/diario/1988/09/14/madrid/590239458_850215.html|data-acceso=5 de xuño de 2019|lingua=es|xornal=[[El País]]}}</ref> Por solidariedade co Comité Rexional, os dirixentes [[Alfredo Clemente]] e [[Juana Doña]] renunciaron aos seus cargos.<ref>{{Cita novas|data=18 de setembro de 1988|título=Crisis en el PCPE a causa de la unidad con el PCE|url=https://elpais.com/diario/1988/09/18/espana/590536808_850215.html|data-acceso=5 de xuño de 2019|lingua=es|xornal=[[El País]]}}</ref> En novembro Ignacio Gallego foi destituído do cargo de secretario xeral do PCPE por mostrarse favorable a un proceso de reintegración no PCE.<ref>{{Cita novas|data=30 de novembro de 1988|título=Destituido Ignacio Gallego como dirigente del PCPE|url=https://elpais.com/diario/1988/11/30/espana/596847631_850215.html|data-acceso=5 de xuño de 2019|xornal=[[El País]]|lingua=es}}</ref> En xaneiro de 1989 celebrouse un Congreso Extraordinario no que o sector de Gallego se incorporou no PCE de [[Julio Anguita]], xunto a 8.000 militantes, 48 membros do Comité Central e a maioría dos cargos públicos do partido. A unión recibiu o visto bo dos partidos comunistas de [[Europa Oriental|Europa do Leste]], en especial da Unión Soviética.<ref>{{Cita novas|data=15 de xaneiro de 1989|título=El PCE concluye su proceso de unidad con el apoyo soviético|url=https://elpais.com/diario/1989/01/15/espana/600822013_850215.html|data-acceso=5 de xuño de 2019|lingua=es|xornal=[[El País]]}}</ref> Non obstante, no PCPE permaneceu o sector encabezado por [[Juan Ramos Camarero]], novo secretario xeral, que foi o cabeza de lista nas eleccións europeas de 1989.<ref>{{Cita web|url=https://www.boe.es/boe/dias/1989/05/09/pdfs/A13689-13698.pdf|páxina-web=[[BOE]]|título=Candidaturas presentadas ás eleccións europeas de 1989|data-acceso=5 de xuño de 2019|lingua=es}}</ref>
 
No 2000 celebrouse en Madrid o Congreso de Unificación entre o PCPE e o [[Partido Comunista Obrero Español]] fundado por [[Enrique Líster]] (Aíndaaínda que este reingresara no [[PCE]] en [[1986]]), que na práctica supuxo a integración do segundo no primeiro, aínda que ó pouco gran parte dos antigos militantes refundaron de novo o PCOE.
 
A marca galega deste partido foi o [[Partido Comunista do Pobo Galego]] ata 2008 e despois [[Comunistas da Galiza]].