Partido Comunista de los Pueblos de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Ampliando
Xanetas (conversa | contribucións)
Amplío
Liña 22:
Despois da crise aberta dentro do [[Partido Comunista de España]] (PCE), tras o fracaso electoral nas [[Eleccións xerais de España de 1982|eleccións xerais de 1982]], o sector [[Unión Soviética|pro-soviético]] do PCE, liderado por [[Ignacio Gallego]], promoveu a celebración dun Congreso de Unidade Comunista. Gallego, expulsado ​​a finais de [[1983]] do PCE, foi elixido secretario xeral do novo '''Partido Comunista (PC)''' nacido deste congreso celebrado en [[Madrid]] entre o 13 e o 15 de xaneiro de [[1984]]. Nel participaron, ademais do sector pro-soviético escindido do PCE, o [[Partido dos Comunistas de Cataluña]] (que se escindira pouco antes do [[Partit Socialista Unificat de Catalunya|PSUC]]), o [[Partido Comunista de España Unificado]], o [[Movimiento para la Recuperación del PCE]], o [[Movimiento para la Reconstrucción y Unificación del PCE]] e as [[Células Comunistas]].<ref name=":0">{{Cita web|url=https://www.pcpe.es/index.php/sobre-el-pcpe|título=Historia do PCPE|data-acceso=5 de xuño de 2019|lingua=es}}</ref> o novo PC (coñecido coloquialmente para distinguilo do PCE como ''pe ce punto''), naceu con preto de 10.000 militantes e foi recoñecido polo [[Partido Comunista da Unión Soviética]] e os partidos comunistas dos países do [[Pacto de Varsovia]].<ref name=":1">{{Cita novas|data=16 de xaneiro de 1984|título=El congreso de los comunistas prosoviéticos eligió por unanimidad a Ignacio Gallego como secretario general|url=https://elpais.com/diario/1984/01/16/espana/443055607_850215.html|data-acceso=5 de xuño de 2019|lingua=es|xornal=[[El País]]}}</ref> Entre os 101 membros do Comité Central que foron elixidos polo congreso estaban o bailarín [[Antonio Gades]], sindicalistas como [[Fidel Alonso]] e [[Francisco García Salva]], os membros do [[Parlamento de Cataluña]] [[Juan Ramos Camarero]], [[Celestino Sánchez Ramos]] e [[Pere Ardiaca]], o [[Parlamento das Canarias|ex-deputado canario]] [[Fernando Sagaseta]], a que fora destacada militante primeiro do PCE e logo da ORT, [[Juana Doña]], e dirixentes do consello federal de [[Comisións Obreiras|CCOO]] como [[Alfredo Clemente]], [[Alfredo Conte]] e [[Manuel Guerra Lobo]].<ref name=":1" />
 
O PCE denunciou o nome do PC ante os tribunais e a sentenciasentenza obrigou ao novo partido a cambiar de nome.<ref name=":0" /> En xaneiro de 1986 o PC adoptou o nome de Partido Comunista de los Pueblos de España.<ref>{{Cita web|url=http://old.kaosenlared.net/noticia/notas-sobre-prosovietismo-primera-mitad-ochenta-espana|título=Notas sobre el "prosovietismo" en la primera mitad de los ochenta en España|data-acceso=5 de xuño de 2019|urlarquivo=http://web.archive.org/web/20160301091239/http://old.kaosenlared.net/noticia/notas-sobre-prosovietismo-primera-mitad-ochenta-espana|dataarquivo=10 de marzo de 2014|lingua=es}}</ref>
 
=== Fundación de IU e desvinculación ===
En 1986 o PCPE participou, xunto ó PCE e outros partidos, na creación de [[Izquierda Unida]] pero apenas permaneceu un ano na coalición, ó mesmo tempo unha crise en Cataluña levou ó seu partido federado alí, o [[Partit dels Comunistes de Catalunya]] a converteuse nunha formación independente, separándose do PCPE.
En 1986 o PCPE participou, xunto ó PCE e outros partidos, na creación de [[Izquierda Unida]] e participou nas súas listas electorais nos comicios xerais dese ano excepto en Madrid, onde o secretario rexional, [[José Antonio Moral Santín]], se desvinculou do Comité Central do PCPE porque fora excluída a [[Mesa para a Unidade dos Comunistas]] comandada por [[Santiago Carrillo]].<ref>{{Cita novas|data=14 de maio de 1986|título=Izquierda Unida y Coalición Popular presentaron sus listas en medio de fuertes tormentas internas|url=https://elpais.com/diario/1986/05/14/espana/516405603_850215.html|data-acceso=5 de xuño de 2019|lingua=es|xornal=[[El País]]}}</ref> Nas [[Eleccións xerais de España de 1986|eleccións xerais de 1986]] o entón secretario xeral do PCPE Ignacio Gallego foi elixido deputado por [[Provincia de Málaga|Málaga]] como cabeza de lista de IU.<ref>{{Cita novas|data=24 de novembro de 1990|título=Ignacio Gallego, dirigente del Partido Comunista de España|url=https://elpais.com/diario/1990/11/24/agenda/659401201_850215.html|data-acceso=5 de xuño de 2019|lingua=es|xornal=[[El País]]}}</ref>
 
A alianza repetiuse nas eleccións municipais, autonómicas e europeas de [[1987]] e, en [[1988]], comezou a tomar forza unha fracción do PCPE que avogaba polo reingreso no [[Partido Comunista de España|PCE]]. No mes de setembro dese mesmo ano, 15 dos 25 membros do Comité Rexional de Madrid foron expulsados.<ref>{{Cita novas|data=14 de setembro de 1988|título=El PCPE expulsa al comité regional por su acuerdo con el PCE|url=https://elpais.com/diario/1988/09/14/madrid/590239458_850215.html|data-acceso=5 de xuño de 2019|lingua=es|xornal=[[El País]]}}</ref> Por solidariedade co Comité Rexional, os dirixentes [[Alfredo Clemente]] e [[Juana Doña]] renunciaron aos seus cargos.<ref>{{Cita novas|data=18 de setembro de 1988|título=Crisis en el PCPE a causa de la unidad con el PCE|url=https://elpais.com/diario/1988/09/18/espana/590536808_850215.html|data-acceso=5 de xuño de 2019|lingua=es|xornal=[[El País]]}}</ref> En novembro Ignacio Gallego foi destituído do cargo de secretario xeral do PCPE por mostrarse favorable a un proceso de reintegración no PCE.<ref>{{Cita novas|data=30 de novembro de 1988|título=Destituido Ignacio Gallego como dirigente del PCPE|url=https://elpais.com/diario/1988/11/30/espana/596847631_850215.html|data-acceso=5 de xuño de 2019|xornal=[[El País]]|lingua=es}}</ref> En xaneiro de 1989 celebrouse un Congreso Extraordinario no que o sector de Gallego se incorporou no PCE de [[Julio Anguita]], xunto a 8.000 militantes, 48 membros do Comité Central e a maioría dos cargos públicos do partido. A unión recibiu o visto bo dos partidos comunistas de [[Europa Oriental|Europa do Leste]], en especial da Unión Soviética.<ref>{{Cita novas|data=15 de xaneiro de 1989|título=El PCE concluye su proceso de unidad con el apoyo soviético|url=https://elpais.com/diario/1989/01/15/espana/600822013_850215.html|data-acceso=5 de xuño de 2019|lingua=es|xornal=[[El País]]}}</ref> Non obstante, no PCPE permaneceu o sector encabezado por [[Juan Ramos Camarero]], novo secretario xeral, que foi o cabeza de lista nas eleccións europeas de 1989.<ref>{{Cita web|url=https://www.boe.es/boe/dias/1989/05/09/pdfs/A13689-13698.pdf|páxina-web=[[BOE]]|título=Candidaturas presentadas ás eleccións europeas de 1989|data-acceso=5 de xuño de 2019|lingua=es}}</ref>
En [[1988]] Ignacio Gallego xunto con 5.000 militantes e a maioría do Comité Central volveu ó seo do [[PCE]]; o que quedou do PCPE pasou a ser unha formación moi minoritaria.
 
No 2000 celebrouse en Madrid o Congreso de Unificación entre o PCPE e o [[Partido Comunista Obrero Español]] fundado por [[Enrique Líster]] (Aínda que este reingresara no [[PCE]] en [[1986]]), que na práctica supuxo a integración do segundo no primeiro, aínda que ó pouco gran parte dos antigos militantes refundaron de novo o PCOE.