Diferenzas entre revisións de «Luís Pintos Fonseca»

m
elimino homónimos
m (completo info e bibliografía)
m (elimino homónimos)
Iniciou a súa formación con [[Eduardo Rojas]] e con [[Carlos Sobrino Buhigas]] e [[Castelao]], que estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na [[Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra]] (1923-1926), e en 1924 ilustrou ''Seara'' de [[Herminia Fariña]] e ''[[Os nenos]]'' (1925) de [[Filgueira Valverde]]. Empregou a linoleografía nas súas ilustracións para os xornais ''[[Galicia. Diario de Vigo]]'' e ''[[Faro de Vigo]]''. Foi bolseiro da [[Deputación de Pontevedra]] e formouse durante tres anos na [[Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid]]. En [[1929]] instalouse definitivamente en [[Pontevedra]], onde exerceu como docente desde 1931 na Escola Normal e na Sociedade Económica de Amigos do País. Exerceu como interino na graduada do Areal (Vigo) e en maio de 1934 foi nomeado mestre de [[Lusquiños, Tomeza, Pontevedra|Lusquiños]] ([[Tomeza, Pontevedra|Tomeza]]). En decembro de 1935 foi elixido presidente da Asociación de Maestros Católicos e seguiu exercendo como mestre en Tomeza ata que en 1938 solicitou unha excedencia. Foi socio fundador da Casa del Maestro.
 
Ilustrou as revistas ''[[Cristal (revista)|Cristal]]'', ''[[Logos (revista)|Logos]]'', ''[[Spes]]'' e ''[[Aturuxo (revistaPontevedra)|Aturuxo]]''. En 1931 foi directivo do Grupo Nazonalista Galego. Vinculado ao [[Partido Galeguista de Pontevedra|Partido Galeguista]], participou nas campañas de apoio ao [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de 1936]], para o que realizou un cartel propagandístico.
 
Logo do [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] foi nomeado delegado de ensino na Junta Carlista de Guerra en setembro e o 18 de decembro integrou a comisión depuradora do maxisterio de Pontevedra. Afiliouse a [[FET y de las JONS]] logo da unificación. A finais de 1937 tamén exerceu como axudante numerario de debuxo no instituto. Comezou a carreira eclesiástica no [[mosteiro de San Xoán de Poio]], onde foi ordenado sacerdote en [[1947]]. En 1947 foi nomeado coadxutor en san Bartolomé e ao ano seguinte consiliario da [[Acción Católica]] masculina. En 1951 foi consiliario da rama feminina de Acción Católica da parroquia. Foi o principal impulsor da refundación da Semana Santa pontevedresa a finais da década dos corenta.
95.291

edicións