Luís Pintos Fonseca: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9) |
Xas (conversa | contribucións) m completo info e bibliografía |
||
Liña 5:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1928.jpg|miniatura|300px|Membros do [[SEG]] en [[1928]]: De esquerda a dereita na fileira de atrás: [[Ramón Otero Pedrayo]], [[Antón Losada Diéguez]], [[Florentino López Cuevillas]], [[Vicente Risco]], [[Carballo Calero]], [[Xosé Filgueira Valverde]], [[Sebastián García Paz]], Luís Pintos Fonseca, [[Antón Fraguas]], [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall]]. Sentados: [[Isidro Parga Pondal]], [[Abelardo Moralejo Laso]], [[Xesús Carro García]], [[Salvador Cabeza de León]], [[Joaquín Arias Sanjurjo]], [[Xerardo Álvarez Limeses]] e [[Juan Novás Guillán]].]]
Iniciou a súa formación con [[Eduardo Rojas]] e con [[Carlos Sobrino Buhigas]] e [[Castelao]], que estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na [[Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra]] (1923-1926), e en 1924 ilustrou ''Seara'' de [[Herminia Fariña]] e ''[[Os nenos]]'' (1925) de [[Filgueira Valverde]]. Empregou a linoleografía nas súas ilustracións para os xornais ''[[Galicia. Diario de Vigo]]'' e ''[[Faro de Vigo]]''. Foi bolseiro da [[Deputación de Pontevedra]] e formouse durante tres anos na [[Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid]]. En [[1929]] instalouse definitivamente en [[Pontevedra]], onde exerceu como docente desde 1931 na Escola Normal e na Sociedade Económica de Amigos do País.
Ilustrou as revistas ''[[Cristal (revista)|Cristal]]'', ''[[Logos (revista)|Logos]]'', ''[[Spes]]'' e ''[[Aturuxo (revista)|Aturuxo]]''. En 1931 foi directivo do Grupo Nazonalista Galego. Vinculado ao [[Partido Galeguista de Pontevedra|Partido Galeguista]], participou nas campañas de apoio ao [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de 1936]], para o que realizou un cartel propagandístico.
Durante a [[Guerra Civil Española]] refuxiouse no [[mosteiro de San Xoán de Poio]], onde comezou a carreira eclesiástica, ordenándose en [[1947]]. Influído por Carlos Sobrino, realizou excursións pictóricas en busca de novos motivos para as súas pinturas. Traballou tamén na realización de estampas, cunha certa tendencia á [[art déco]]. Entre 1944 e 1945 ilustrou a ''Guía Anuario de Pontevedra'' e as revistas ''[[Finisterre (Pontevedra)|Finisterre]]'' e ''[[Sonata Gallega]]''.▼
Logo do [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] foi nomeado delegado de ensino na Junta Carlista de Guerra en setembro e o 18 de decembro integrou a comisión depuradora do maxisterio de Pontevedra. Afiliouse a [[FET y de las JONS]] logo da unificación. A finais de 1937 tamén exerceu como axudante numerario de debuxo no instituto. Comezou a carreira eclesiástica no [[mosteiro de San Xoán de Poio]], onde foi ordenado sacerdote en [[1947]]. En 1947 foi nomeado coadxutor en san Bartolomé e ao ano seguinte consiliario da [[Acción Católica]] masculina. En 1951 foi consiliario da rama feminina de Acción Católica da parroquia. Foi o principal impulsor da refundación da Semana Santa pontevedresa a finais da década dos corenta.
▲
Inscribiuse no ámbito da pintura paisaxística de tradición romántica. A súa obra caracterízase pola preocupación polos efectos lumínicos e atmosféricos a calidade e a importancia do debuxo e a ausencia de figuras humanas. A partir dos anos cincuenta dirixiuse cada vez máis a representar o eu interior, aínda que sempre a través da paisaxe, sendo moi meticuloso na realización.
Liña 16 ⟶ 20:
* {{Cita libro |título= Luis Pintos Fonseca, 1906 - 1959|nome= |apelidos= |ligazónautor= |coautores= |ano= 1991|editor= Museo de Pontevedra|localización= Pontevedra}}
* "PINTOS FONSECA, Luis" en ''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]''.
* [https://anosdomedo.blogspot.com/2019/06/comision-depuradora-do-maxisterio-e-2.html Comisión depuradora do maxisterio (e 2)]
=== Ligazóns externas ===
|