Francisco de Goya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 56:
Francisco Goya Lucientes naceu en 1746 no seo dunha familia de mediana posición social<ref>Da súa condición social di [[Nigel Glendinning]] en ''Francisco de Goya'', Madrid, Cuadernos de Historia 16, 1993, pág. 21:{{Cita|El podía moverse doadamente entre as distintas clases sociais. A familia de seu pai estaba a cabalo entre pobo e burguesía. Seu avó paterno foi notario, coa categoría social que isto implicaba; porén, seu bisavó e máis seu pai non tiveron dereito ó distintivo de ''don'': este era dourador e mestre de obras aquel. Ao seguir a carreira de pintor artista, Goya podía erguer as súas miras. Amais, pola banda de súa nai, os Lucientes tiñan antecedentes fidalgos e axiña casou con Josefa Bayeu, filla e irmá de pintores e de orixes infanzonas.}}Ao respecto das súas orixes, véxanse tamén [http://goya.unizar.es/InfoGoya/Vida/Familia.html «La familia de Goya: ascendientes y descendientes»], en [http://goya.unizar.es/InfoGoya/General/Indice.html ''Infogoya''], páxina da ''Universidad de Zaragoza'' e a ''Institución «Fernando el Católico»-Consejo Superior de Investigaciones Científicas''; e información verbo da súa árbore xenealóxica na página web [http://www.personal.able.es/jlf-ftp/goya.htm «Genealogías de Uncastillo»] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20071111102754/http://www.personal.able.es/jlf-ftp/goya.htm |date=11 de novembro de 2007 }}.</ref> de [[Zaragoza]], que ese ano se trasladara á viliña de [[Fuendetodos]], sita a uns corenta quilómetros ó sur da capital, mentres se rehabilitaba a casa onde vivían. O seu pai era un artesán de certo prestixio, mestre dourador, cuxas relacións laborais sen dúbida contribuíron á formación artística de Francisco. Ó ano seguinte volveron a Zaragoza, se ben os Goya mantiveron sempre o contacto coa vila natal do futuro pintor, como revela o feito de que o seu irmán máis vello, Tomás, que seguiu co oficio do pai, instalara alí o seu taller en 1789.
 
Cando Francisco tiña pouco máis de dez anos, xa comezados os seus estudos primarios probablemente nos [[Escolas Pías|Escolapios]] de Zaragoza, a familia atravesou dificultades económicas que puideron obrigar o moi novo Goya a axudar co seu traballo a superaren a crise. Talvez este feito explique que o seu ingreso na Academia de Debuxo de Zaragoza, dirixida por [[José Luzán]], non se producise ata 1759, unha idade (trece anos) algo tardía para o que era habitual. Da súa actividade durante a aprendizaxe con Luzán, que se prolongaría ata 1763, sábese moi pouco, e, en palabras de Bozal, ''nada [de la pintura de Goya] se conserva de aquellos años''.<ref>Bozal (2005), vol. 1, pág. 26.</ref> Porén, atribuíronse a esta etapa algúns cadros de tema relixioso que acusan o estilo [[barroco]] tardío [[Nápoles|napolitano]] do seu primeiro mestre, que se pode percibir en ''[[Sagrada Familia con San Xoaquín e Santa Ana perante o Eterno en gloria]]'', datada, segundo José Manuel Arnaiz, entre 1760 e 1763.<ref>José Manuel Arnaiz, [http://www.almendron.com/arte/pintura/goya/obras_goya/goya_03.htm «A Tripla Xeración»], en ''Realidad e imagen, Goya 1746 - 1828. Catálogo de la exposición celebrada en el Museo de Zaragoza del 3 de octubre al 1 de diciembre de 1996'', Madrid, Electa, 1996. <<nowiki>http://www.almendron.com/arte/pintura/goya/obras_goya/goya_03.htm</nowiki>> [Consulta:29.10.2007] ISBN 978-84-8156-130-2.</ref>
 
Goya, en todo caso, é un pintor cuxa aprendizaxe progresa lentamente, e a súa obra de madurez revelarase tarde. Non é estraño que non obtivera o primeiro premio no concurso de pintura de terceira categoría convocado pola [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]] en 1763, no que o xurado non lle outorgou ningún voto en competencia con [[Gregorio Ferro]].<ref>Bozal (2005), vol. 1, pág. 27.</ref> Tres anos máis tarde, esta vez na convocatoria de primeira clase, volveu tentalo a fin de obter unha bolsa de formación en Roma, de novo sen éxito.