Porta do Atlántico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
IXCat (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
IXCat (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
Componse de tres elementos que proceden dun mesmo bloque de [[granito]] rosa do [[O Porriño|Porriño]]. As pezas foron deseñadas, cortadas e tratadas nunha [[canteira]] do Porriño. A parte principal e máis recoñecíbel é unha gran porta de 14 metros de altura e 427 toneladas que fica nun grande encoro circular no medio e medio da praza de América, por riba dun paso subterráneo que comunica as avenidas de Castelao, López Mora e Gran Vía. O encoro, en realidade unha gran fonte con chafarices centrais, reborda a tona da auga nun circuíto pechado. Arrodéase de dous socalcos de [[paralelepípedo]]s de granito rosa. A comezos do século XXI instaláronse na fonte algúns grupos de flores para que non fose tan fría a imaxe da obra. A porta consta de dúas [[xamba]]s e un gran [[lintel]]. Das xambas, cara o van, penduran dúas pezas que representarían [[Europa]] e as [[América]]s.
 
A segunda parte é un bloque que fica no comezo da Gran Vía, e a última un bloque ao principio da avenida de Castelao.<ref>[http://hoxe.vigo.org/conecenos/e_atlantico.php?lang=gal A Porta do Atlántico] na páxina do concello.</ref>.
 
Anteriormente no centro da praza só había un farol con varios brazos. A instalación da obra levouse a cabo en 1990, cando se construíu o paso inferior para liberar o tráfico das Travesas.