Antigo Réxime: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Definición: Absolutismo
m →‎Definición: arranxiño
Liña 16:
== Definición ==
[[Ficheiro:Herman Moll Map of Europe.jpg|miniatura|350px|Mapa de Europa de Herman Moll (1703). As cores utilizadas polo [[Cartografía|cartógrafo]] non designan entidades políticas existentes, senón máis ben o recordo das antigas divisións xeográficas de época romana ([[Galia]], [[Italia]], [[Xermania (Roma)]]), xunto con outras que si son efectivas ([[Imperio Otomán|Imperios Turco]] e [[Imperio Ruso|Ruso]], [[Confederación Helvética]], Reinos de [[Portugal]], [[Suecia]] ou [[Polonia]]).]]
Usando o vocabulario do [[materialismo histórico]], o Antigo Réxime definiríase como unha [[formación económico social]], é dicir, a combinación peculiar de [[Modo de produción|modos de produción]] e [[relación social|relacións sociais]] para un ámbito espazo-temporal máis ou menos amplo, que constrúe a súa adecuada [[superestrutura (marxismo)|superestrutura]] política e que se xustifica pola súa correspondente [[ideoloxía]]. Para a súa localización en tempo e espazo pódense restrinxir a tres os requisitos que un "aspirante" debía cumprir para alcanzar tal denominación.
 
* 1º [[sistema económico]]: en transición do [[feudalismo]] ao [[capitalismo]];<ref>O termo quedou acuñado no soado debate que a mediados do século XX mantiveron personalidades da [[historiografía]] e a [[economía]] máis ou menos próximas ao paradigma do [[materialismo histórico]], na súa versión inglesa ou francesa (revistas [[Past and Present]] e [[Annales]]), como [[Maurice Dobb]], [[Karl Polanyi]], [[R. H. Tawney]], [[Paul Sweezy]], [[Kohachiro Takahashi]], [[Christopher Hill]], [[Georges Lefebvre]], [[Giuliano Procacci]], [[Eric Hobsbawm]] e [[John Merrington]] entre outros. Unha recompilación dos artigos coas súas respostas fíxose en HILTON, Rodney (ed.) (1976, 1977 en castelán) ''La transición del feudalismo al capitalismo'', Barcelona, Crítica, ISBN 84-7423-017-9</ref>