Karin Boye: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: 1984 (novela)
Liña 8:
Naceu en Gotemburgo e con nove anos mudouse coa familia a [[Estocolmo]] (en [[1909]]). Estudou na [[Universidade de Upsala]] dende [[1921]] até [[1926]]. A súa primeira colección de poemas foi ''Moln''. Durante a súa etapa en [[Upsala]] (até [[1930]]), Boye foi membro do grupo [[Socialismo|socialista]] [[Clarté]]. Entre [[1929]] e [[1934]] estivo casada con outro integrante deste club, [[Leif Björck]]. En [[1932]], logo da separación do seu home, mantivo unha relación con [[Gunnel Bergström]], quen deixara o poeta sueco [[Gunnar Ekelöf]] por Boye.
 
En [[1931]], canda [[Erik Mesterton]] e [[Josef Riwkin]], fundou a revista literaria ''[[Spektrum]]''; nas súas follas publicaron traducións de obras de [[T. S. Eliot]] ou de escritores vinculados ao [[surrealismo]].
 
Suicidouse en [[1941]] con [[somnífero]]s.
Liña 17:
Entre a produción poética da autora, destaca ''Ja visst gör det ont'' e ''I rörelse'', ambos os poemas dentro da colección ''Härdarna'' ([[1927]]), así como ''För trädets skull'' ([[1935]]). Foi membro da institución literaria sueca [[Samfundet De Nio]] dende [[1931]] até o seu pasamento.
 
En canto á narrativa, a novela ''Kris'' trata a súa propia crise relixiosa e o [[lesbianismo]]. En ''Merit vaknar'' e ''För lite'' explora os papeis masculino e feminino. ''[[Kallocaína]]'', novela inspirada no apoxeo do [[nacionalsocialismo]] en [[Alemaña]], é un retrato dunha sociedade antiutópica emparentada con ''[[1984 (novela)|Nineteen Eighty-Four]]'' de [[George Orwell]] e ''[[Un feliz mundo novo]]'' de [[Aldous Huxley]].
 
== Véxase tamén ==