Laura Bassi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Modificar imaxes
Corrección dun erro.
Liña 34:
En 1742 –para paliar as dificultades que tiña no desempeño da súa profesión– empeza a dar clases particulares de física experimental na súa casa, e en 1749 inaugura, xunto a seu home, un laboratorio, tamén no seu do micilio, que pronto se fixeron famosos en toda Europa.[5] Alí acolleron tanto a persoas de ciencia de renome como a estudantes con interese sobre todo na física newtoniana, toda unha novedade nese momento e que non era aínda contemplada nos cursos da universidade. Os seus potentes coñecementos de física e matemáticas, xunto coa súa formación pioneira nas teorías de Newton -que contrastaba cos enfoques tradicionais dos seus colegas- fixeron de Bassi unha figura clave na difusión da ciencia newtoniana en Italia. Esta fama que adquiriu coa súa docencia privada valeulle tamén un aumento de soldo, que ela reclamou, na universidade.<ref name=":2" />
 
En 1745 o xa Papa Benedicto XIV creu unha nova sección no Instituto de Ciencias, a Benedettini, co obxectivo de estimular novas investigacións científicas en Boloña, seguindo o modelo da Academia de Ciencias de París. Vinte e catro académicos foron aceptados entre os Benedettini, con unha recompensa económica de cincuenta liras a condición de que presentasen ó menos un traballo anual sobre novos fitos científicos. Bassi non estaba entre os vintecatrovinte e catro nombrados inicialmente, pero ela non se conformou e solicitou, a través dun amigo influinte, ser incluída neste selecto grupo. O Papa creou unha nova praza, a vixésimo quinta, entre os Benedettini para que foese ocupada por Bassi. Ela pronto presentou o seu primeiro traballo á Academia e así continuou durante toda a súa vida, tendo no momento da súa morte presentados e publicados 31 traballos.<ref name=":0" />
 
En 1776, cando Paola Battista Balbi morreu, deixando unha vacante na Cátedra de Física Experimental do Instituto de Ciencia, ligado á Academia de Ciencia, o marido de Bassi era asistente de Balbi. A pesar de que el fose a opción máis obvia para relevar a Balbi, Bassi presentou a súa candidatura. Finalmente, polas súas destacadas habilidades en matemáticas, foi ela a nomeada para ocupar dita cátedra, con seu marido, Veratti, como o seu asistente; sendo nomeada ademais Presidente do Instituto. Ocupouse da lóxica, a metafísica, a filosofía, a química, a hidráulica, as matemáticas, a mecánica, a álxebra, a xeometría, linguas antigas e modernas. <ref>{{Cita web|título=Personaggi celebri, ospiti e allievi illustri - Università di Bologna|url=https://www.unibo.it/it/ateneo/chi-siamo/la-nostra-storia/personaggi-celebri-ospiti-e-allievi-illustri/personaggi-celebri-ospiti-e-allievi-illustri|páxina-web=www.unibo.it|data-acceso=2019-06-03|lingua=it}}</ref>