Diferenzas entre revisións de «Limulus polyphemus»

m
m (Arranxiños)
 
== O sangue desta especie e os seus usos médicos ==
O sangue ou [[hemolinfa]] dos cangrexos de ferradura contén unha [[proteína]] chamada [[hemocianina]], na que dous [[átomo]]s de [[cobre]] fan a función de transporte do [[oxíxeno]] a través do organismo do animal, función que nos [[vertebrados]] realiza a [[hemoglobina]], proteína que contén un átomo de [[ferro]]. A hemocianina é incolora cando non contén oxíxeno, mentres que se volve de cor azul escura cando si o transporta, ou cando o animal sangra a a hemolinfa queda exposta ao [[Ar (atmosférico)|aire]].<ref>{{cita libro |autor =Fraile, Ruth; Montiel, Luis; González de Pablo, Ángel; De Armas, Isabel |título= De la sangre |data= 2004|páxinas =11-12}}</ref><ref>{{cita libro |apelido1= Shuster|nome1= Carl N|apelido2= Barlow, Robert B; Brockmann, H. Jane |título= The American Horseshoe Crab |url= http://books.google.com/books?id=0OSAKny-6M4C&printsec=frontcover#PRA1-PA276,M1 |data= 2004|páxinas =276-277}}</ref>
 
Ademais, este sangue contén unhas células sanguíneas chamadas [[amebocitosamebocito]]s, semellantes aos [[leucocitosleucocito]]s dos vertebrados, as cales reaccionan ante as [[endotoxina]]s [[bacteria]]nasbacterianas, coagulando. O extracto do sangue deste animal, o ''Limulus amebocyte lysate'' ou LAL, úsase para verificar a presenza en inxectábeis parenterais destas endotoxinas, particulamente os [[lipopolisacáridoslipopolisacárido]]s (LPS) que se encontran na membrana exterior das [[bacteriabacterias]]s [[Bacteria gramnegativa|gramnegativas]], os [[piróxeno]]s máis importantes.<ref name="RPT">{{cita web |url= http://www.rapidmicrobiology.com/test-methods/Endotoxin.php |título= Endotoxin Detection Methods for Pharmaceuticals and Medical Devices|dataacceso=5 de decembro de 2016 |autor= |fecha= |editor= |idioma= inglés|cita= }}</ref>
 
Este método úsase como alternativa ao ''Rabbit Pyrogen Test'' ou RPT, que consiste en inocular a un coello a substancia de ensaio e verificar posteriormente se o conello desenvolve un proceso febril. Fronte ao método LAL, o RPT é máis lento, non ofrece resultados cuantitativos e, ademais, poden existir outros factores que alteren o estado do coello, aínda que o seu espectro de aplicación sexa maior.<ref name = "RPT" />
104.857

edicións