Quiste (microbioloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
durmente > dormente
m arranxiño
 
Liña 2:
[[Ficheiro:Artemia salina cyst.tif|miniatura|upright=0.60|Quiste de ''[[Artemia salina]]''.]]
 
En [[bioloxía]] e [[microbioloxía]], un '''quiste''' é un estadio en repouso ou [[dormencia|dormente]] dun microorganismo, xeralmente unha [[bacterias|bacteria]] ou [[protista]] e tamén algúns animais [[invertebrado]]s, que axuda a ese organismo a sobrevivir en condicións ambientais desfavorables. Pode considerarse como un estadio de animación suspendida, no cal os procesos [[metabolismo|metabólicos]] da célula quedan ralentizados e a célula cesa todas as actividades como a alimentación e locomoción. O '''enquistamento''' tamén axuda aos microbios a dispersarse doadamente desde un [[hóspede]] a outro ou a un ambiente máis favorable. Cando os microbios enquistados chega a un ambiente favorable para o seu crecemento e supervivencia, a parede do quiste rompe por un proceso chamado ''exquistación'' ou desenquistación.
 
As condicións ambientais desfavorables como a falta de nutrientes ou oxíxeno, as temperaturas extremas, a falta de humidade e a presenza de compostos químicos tóxicos, que non contribúen ao crecemento do [[microbio]]<ref name="Nester">Eugene W. Nester, Denise G. Anderson, C. Evans Roberts Jr., Nancy N. Pearsall, Martha T. Nester; ''Microbiology: A Human Perspective'', 2004, Fourth Edition, ISBN 0-07-291924-8</ref> desencadean a formación do quiste.