Ditadura do proletariado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios + cda
Liña 6:
De acordo ao marxismo, a existencia mesma de calquera tipo de estado implica a ditadura dunha clase social sobre outra. De acordo a [[Karl Marx]], no réxime capitalista, ata nas maiores condicións de [[democracia]] burguesa, existe unha ditadura da burguesía, en detrimento dos traballadores e do conxunto do pobo.
 
Marx postula a necesidade dunha revolución na cal o proletariado establézase como clase dominante, para disolverse paulatinamente como tal, na transición cara a unha sociedade sen clases. A ditadura do proletariado sería a etapa inmediatamente posterior á toma do poder por parte da [[clase obreira]], na que se crea un [[Estado socialista|Estado obreiro]], o cal, como todo estado, sería unha [[ditadura]] dunha clase sobre outra (neste caso, das [[proletariado|clases traballadoras]] sobre a [[burguesía]]).
 
En palabras de [[Lenin]]: «Marx puxo de relevo [...] que aos oprimidos se lles autorizase para decidir unha vez cada varios anos ¡que membros da clase opresora han de representalos e esmagalos no parlamento!