Laura Bassi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Ampliación de contido.
Liña 1:
{{Enuso}}
 
{{Biografía}}
 
 {{Biografía}}
'''Laura Bassi''', nada o [[31 de outubro]] de [[1711]] e morta o [[20 de febreiro]] de [[1778]], foi unha [[Medicina|médica]] e académica [[italia]]na.
 
'''Laura Bassi''', nada o [[31 de outubro]] de [[1711]] e morta o [[20 de febreiro]] de [[1778]], foi unha reputada científica, poeta e filósofa italiana, profesora da [[Universidade de Bolonia]] por máis de 40 anos e primeira Catedrática de física dunha universidade europea. Pioneira na introdución das ideas [[Isaac Newton|newtonianas]] en [[Italia]], foi unha das primeiras mulleres que logrou un éxito semellante.
 
== Traxectoria ==
 
Logrou o doutoramento antes de ser profesora de anatomía na universidade de [[Boloña]] en [[1731]]. Foi unha das primeiras mulleres que logrou un éxito semellante. É pioneira da introdución das ideas [[Isaac Newton|newtonianas]] en [[Italia]], o que fixo tendo (e atendendo) 12 fillos.
=== Formación e primeiros anos ===
Laura María Catharina Bassi naceu en Boloña o 29 de novembro de 1711. Seu padre, natural de Módena, era un avogado de orixe non nobre. <ref>{{Cita web|título=Laura Bassi {{!}} Encyclopedia.com|url=https://www.encyclopedia.com/people/science-and-technology/physics-biographies/laura-bassi|páxina-web=www.encyclopedia.com|data-acceso=2019-06-03}}</ref>
 
Laura manifestou dende moi nena as súas prodixiosa dotes intelectuais, o que levou a seu pai a proporcionarlle unha temprana instrución na súa casa. Con tan só cinco anos comenzou a recibir clases de latín, francés e matemáticas da man de seu primo, o pai Lorenzo Stegani. A partir dos trece anos pasou a ser tutelada polo médico da familia e erudito local Gaetano Tacconi, tamén profesor de filosofía e anatomía da Universidade de Boloña. quen dirixiu durante os seguintes sete anos a súa formación en filosofía, metafísica, lóxica e historia natural. Tacconi decidiu promocionala nos círculos académicos da cidade e as extraordinarias capacidades intelectuais da nena Bassi foron coñecidas entre a intelectualidade de Boloña e os académicos visitaban a casa Bassi para coñecer de primeira man a brillantez da pequena Laura. Entre eles o cardenal Prospero Lambertini -que anos máis tarde sería o Papa Benedicto XIV- cando volveu a Boloña como arcebispo, percatouse da capacidade de Laura na arte da oratoria e dende ese momento a animou no seu traballo científico e se convertiu no seu principal mentor e mecenas, proporcionándolle o apoio necesario ó longo da súa carreira. [2]
 
=== O seu ano de gloria ===
No ano 1732, cando aínda non tiña cumpridos os vinteún anos, teñen lugar unha serie de acontecementos que marcarán de maneira determinante a súa vida posterior.
 
* O 20 de marzo é nomeada membro da Academia de Ciencias de Boloña.[1]
* O 17 de abril, animada pola súa familia e amigos, participa nun debate público sobre filosofía enfrentándose a cinco notables académicos de Boloña. Debido á gran expectación que despertou o evento, este  celebrouse no Palacio dos Senadores de Boloña e nel Bassi demostrou ser unha polemista eficaz, impresionando ó público asistente, entre os que estaban personaxes de peso como o legado papal, o cardenal Grimaldi e o cardenal Próspero Lambertini.[1]
* O 17 de maio a Universidad de Boloña concedeulle un doutoramento honorario, debido as súas evidentes capacidades intelectuais, convertíndose na segunda muller en doutorarse en Europa, despois de que Elena Cornaro o conseguira en Padua en 1678 . De novo o evento levantou gran interese e, nun acto público que tivo lugar no Palacio Comunal, Bassi que ía ataviada cunha capa de armiño, unha coroa de plata e xoias engastadas e un anel, honores que ata o momento estaban reservados ós homes deu un discurso de aceptación en latín. Tamén foi escrita unha poesía na súa honra.[2]
* O 27 de xuño, có fin de obter unha praza de profesora na Universidade de Boloña, someteuse de novo a un exame público, que de novo foi un éxito. Obtivo unha praza de profesora de filosofía natural e matemáticas,[5] cun salario de 500 liras ó ano; convertíndose así na primeira muller en obter un posto de profesora de física nuna universidade.[1]
* En outubro dese mesmo ano deu a súa primeira conferencia na universidade e a ela acudiron personalidades tanto de dentro como de fora da comunidade académica. A conferencia titulouse "''De corpore aqua naturali Elemento aliorum corporum parte universi"'' e posteriormente foi publicada.[1]
* Para conmemorar todos estes eventos, o Senado de Boloña creou unha medalla no seu honor, na que ela aparecía nunha cara e Minerva –a deusa da sabiduría– na outra, xunto coa inscrición "''Soli cui fas vidisse Minervam"''.[1]
 
Medalla en honor de Laura Bassi.    Medalla en honor de Laura Bassi.
 
=== '''A súa carreira profesional''' ===
Como muller, tivo numerosas dificultades para exercer a súa profesión. Seus colegas preocupáronse de que ela non creara un precedente que animara a outras mulleres a aspirar a carreiras profesionais e que puidese levar a mulleres novas a convivir entre eles. Condicionaron a súa actividade pública á aprobación dos seus colegas.
 
Nestes primeiros anos Bassi continuou os seus estudos en diversas áreas: historia natural, grego, mecánica e hidráulica cun dos seus titores da infancia, Tacconi, ata que o abandonou porque necesitaba ser máis independente intelectualmente do que este pretendía. A continuación pasou tres anos estudando matemáticas superiores con Gabriele Manfredi, compaxinando estes estudos cos de poesía, actividade que continuará ó longo de toda a súa vida. Con esta formación en matemáticas superiores Bassi conseguiu unha comprensión máis profunda das áreas máis complexas da física, e empezou a interesarse polas ideas de Newton, algunhas das cales eran moi controvertidas nesa época. Esto permitiulle, en 1735, ter acceso a unha colección especial de libros esenciais no Vaticano, o ''Indice Liborum Prohibitorium,'' que ata o momento estivera vetado ás mulleres eruditas. [1]
 
Estas dificultades víronse un pouco aliviadas cando en 1738 casa co médico e físico Giuseppe Veratti (1707-1793). Segundo ela mesma comenta: ‘''Elixín a unha persona que camiña pola miña mesma senda de aprendizaxe, e pola súa longa experiencia estou segura que non me disuadirá dela''.’[3]
 
Co seu matrimonio consegue facilitar a súa carreira profesional -a pesar dos entre oito e doce fillas e fillos que tivo- xa que a partir dese momento era o seu marido, en vez do Senado ou seus colegas, quen debía concederlle os permisos necesarios para impartir conferencias públicas e desenvolver algúns outros aspectos da súa profesión. A parella compartiu non só vida doméstica senón tamén traballo profesional e curiosidade intelectual.  
 
En 1742 –para paliar as dificultades que tiña no desempeño da súa profesión– empeza a dar clases particulares de física experimental na súa casa, e en 1749 inaugura, xunto a seu home, un laboratorio, tamén no seu do micilio, que pronto se fixeron famosos en toda Europa.[5] Alí acolleron tanto a persoas de ciencia de renome como a estudantes con interés sobre todo na física newtoniana, toda unha novedade nese momento e que non era aínda contemplada nos cursos da universidade. Os seus potentes coñecementos de física e matemáticas, xunto ca súa formación pioneira nas teorías de Newton -que contrastaba cos enfoques tradicionais dos seus colegas- fixeron de Bassi unha figura clave na difusión da ciencia newtoniana en Italia. Esta fama que adquiriu ca súa docencia privada valeulle tamén un aumento de soldo, que ela reclamou, na universidade.[3]
 
En 1745 o xa Papa Benedicto XIV creu unha nova sección no Instituto de Ciencias, a Benedettini, co obxectivo de estimular novas investigacións científicas en Boloña, seguindo o modelo da Academia de Ciencias de París. Vintecatro académicos foron aceptados entre os Benedettini, con unha recompensa económica de cincuenta liras a condición de que presentasen ó menos un traballo anual sobre novos fitos científicos. Bassi non estaba entre os vintecatro nombrados inicialmente, pero ela non se conformou e solicitou, a través dun amigo influinte, ser incluida neste selecto grupo. O Papa creou unha nova praza, a vixésimo quinta, entre os Benedettini para que foese ocupada por Bassi. Ela pronto presentou o seu primeiro traballo á Academia e así continuou durante toda a súa vida, tendo no momento da súa morte presentados e publicados 31 traballos. [1]
 
En 1776, cando Paola Battista Balbi morreu, deixando unha vacante na Cátedra de Física Experimental do Instituto de Ciencia, ligado á Academia de Ciencia, o marido de Bassi era asistente de Balbi. A pesar de que el tivera sido a opción máis obvia para relevar a Balbi, Bassi presentou a súa candidatura. Finalmente, polas súas destacadas habilidades en matemáticas, foi ela a nomeada para ocupar dita cátedra, con seu marido, Veratti, como o seu asistente; sendo nomeada ademais Presidente do Instituto. Ocupouse da lóxica, a metafísica, a filosofía, a química, a hidráulica, as matemáticas, a mecánica, a álxebra, a xeometría, linguas antigas e modernas. [12]
 
Cuando Bassi morreu, dous anos máis tarde, seu marido asumiu o cargo de Presidente e posteriormente foi sucedido por seu fillo Paolo quen se mantivo no cargo ata 1796.[3]
 
== '''A súa morte e recoñecementos''' ==
Laura Bassi morreu o 20 de febreiro de 1778 en Boloña e foi enterrada na Iglesia do Corpus Domini.[9]
 
Foi recordada polas súas fortes coviccións relixiosas, a súa dedicación ós menos afortunados, e a súa poesía –da que ela nunca pasou de considerarse unha aficionada–, pero por riba de todo foi recordada polo seu legado científico. Foi unha das figuras máis relevantes da intelectualidade da floreciente Boloña do século XVIII. Un cráter de Venus foi bautizado Bassi na súa honra.[1]
 
O seu extenso epistolario mostra que mantivo contacto cos personaxes máis célebres da súa época como Volta ou Voltaire. [9] Axudando a este último a entrar na Academia de Ciencias de Boloña en 1744-45.[1]
 
Publicou máis de trinta traballos -unha boa parte foron sobre física newtoniana e cartesiana- sendo das primeiras persoas que explicou física newtoniana en Italia. Algunhas das súas disertacións foron publicadas nos “Comentarios do Instituto de Boloña” -conservadas na Academia das Ciencias de Boloña (unha de química, trece de física, once de hidráulica, dúas de matemática, unha de mecánica e unha de tecnoloxía)- e  mostran o importante papel desenvolvido por Laura Bassi na discusión científica do seu tempo. Foi tamén autora de versos, que foron publicados en varias antoloxías, entre elas a de Agostino Gobbi, "''Scelta di sonetti e canzoni dei più eccellenti rimatori d´ogni secolo"'' (Venezia, 1739). [9]
 
Sen embargo, como recolle por exemplo a profesora Carolina Martínez Pulido no seu artigo "''Mujeres entre bambalinas y artefactos para desvelar los enigmas de la reproducción"''[4], as súas contribucións foron totalmente ignoradas e non só non aparecen referencias súas nas historias oficiais da ciencia, senón que algúns historiadores afirman que só deu leccións privadas na súa casa, pese a estar documentada a súa docencia na Universidade de Boloña durante máis de cuarenta anos.
 
Laura Bassi constitúe un bo exemplo do olvido, desconsideración e invisibilidade sufrida polas mulleres na historia da ciencia. Os logros de Laura Bassi mostraron que as mulleres podían ser educadas en matemáticas e física, ser mestras exitosas e brillantes investigadoras científicas.
 
Ela conseguiu ter unha larga carreira científica en pe de igualdade cos homes da época, salvando tódalas dificultades que lle foron xurdindo ó longo da mesma pola súa condición de muller, e tamén formou unha extensa familia. Foi, polo tanto, unha pioneira na conciliación da vida familiar e profesional.[7]
 
== Notas ==
 
== Véxase tamén ==