Real Academia de Belas Artes de San Fernando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
m →‎Museo: Peter Paul Rubens
Liña 15:
Á marxe da súa actividade docente, a Real Academia é célebre polas súas colección de arte, que se exhiben (non sen limitacións) na súa sede de Alcalá. Abranguen máis de catro séculos, dende [[Luis de Morales]] a [[Juan Gris]] e autores posteriores.
 
Entre as moitas obras dignas de mencionar, destaca un ''Busto de Cristo'' de [[Giovanni Bellini]], ''San Xerónimo'' de [[Antonio Allegri da Correggio|Correggio]], ''A Primavera'', chocante crebacabezas floral de [[Arcimboldo]] (o seu único exemplo en España), así como ''Susana e os vellos'' de [[Peter Paul Rubens|Rubens]], o famoso ''Soño do cabaleiro'' de [[Antonio de Pereda]], varios exemplos de [[José de Ribera]] e [[Zurbarán]], ''Venus e Mercurio'' de [[Louis Michel van Loo]], ''A marquesa de Llano vestida á española'' de [[Anton Raphael Mengs|Mengs]], ''Dióxenes'' de [[Luis Paret]] e unha das mellores coleccións de [[Goya]], con cadros famosos como ''O enterro da sardiña'' e un ''Autorretrato'' (do cal hai outro exemplar idéntico no [[Museo do Prado]]).
 
O museo tamén expón esculturas, principalmente do [[século XVIII]] e posteriores, así como [[moldeado]]s de esculturas romanas, varios deles traídos por [[Velázquez]] e que entrañan por iso máis interese. Aínda non tan famoso como o Prado ou o [[Museo Thyssen-Bornemisza]], é unha das pinacotecas máis importantes de España.