Diferenzas entre revisións de «Supergrass»

de un > dun
(elimino sintaxe desbotada)
(de un > dun)
O debut, ''[[I Should Coco]]'', chegou ás tendas en maio de [[1995]] e non tardou en alcanzar a cima das listas inglesas. A responsable da fazaña foi a canción "Alright", o hit do verán daquel ano. O seu videoclip axudou á banda a ser coñecida no resto do mundo. Dous sinxelos máis seguiron a este lanzamento, "Time" e "Lenny", que sitúan a Supergrass entre as grandes bandas de [[Inglaterra]].
 
Despois da xira mundial de ''[[I Should Coco]]'' a banda só retornaría con disco novo en [[1997]]. ''[[In It for the Money]]'', repetíuse o éxito do seu predecesor ao chegar ao segundo lugar en [[Inglaterra]], con vendas de undun millón de copias só nese país. No seu segundo álbum, Supergrass mantén o entusiasmo de sempre, pero é un disco menos fresco que ''[[I Should Coco]]'', á parte de amosar un evidente refinamento en arranxos máis detallados. Mentres tanto, fóra de [[Inglaterra]] a banda non mantivo o mesmo éxito, reducíndose o seu público. "Richard III" e "Sun Hits the Sky" foron os hits de ''[[In It for the Money]]''.
 
A banda retornaría en [[1999]] cun disco autotitulado, que foi coñecido entre os fans como ''X-Ray Album'' (pola imaxe da súa portada). A pesar de que seguise a mesma liña do disco anterior, algúns críticos consideraron ''Supergrass'' máis relaxado, non chegando ás expectativas depositadas nel. Mesmo contando cun sinxelo poderoso, "Pumping On Your Stereo", o disco xa non tivo as mesmas vendas en [[Inglaterra]] e foi pouco notado noutros países.
12.709

edicións