Diferenzas entre revisións de «GSM»

de un > dun
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14))
(de un > dun)
A tecnoloxía móbil en España iniciouse en 1976 cun servizo para coches limitado a Madrid e Barcelona chamado ''Teléfono automático en vehículo'', entón un teléfono cas baterías podía chegar a pesar máis de oito kg. O servizo mellorouse con tecnoloxías TMA-450 e posteriormente TMA-900, chegando a ter 900.000 clientes en 1996. Para entón os teléfonos pasaron do tamaño chamado ''tixolo'' ao dun paquete de tabaco.
 
O límite técnico teórico do servizo analóxico era de undun millón de clientes. En 1995 [[Telefónica]] creou a empresa Movistar que empregaba tecnoloxía GSM e que competía ca outra empresa creada por Telefónica en tecnoloxía analóxica chamada MoviLine. Durante un tempo as dúas tecnoloxías competiron no mercado ata que as frecuencias da tecnoloxía analóxica pasaron a empregarse para GSM. Para evitar este monopolio no mercado do GSM fíxose un concurso público co cal creouse Airtel. Co apoio financeiro do [[Banco Santander]]. Airtel creou unha rede propia sendo posteriormente vendida a Vodafone. En 1999 xa co mercado moi definido fíxose outro concurso público e creouse Amena, posteriormente vendida a Orange. Amena empregaba GSM1800 MHz polo que necesitaba máis estacións base para dar cobertura. Xa en 2005 o goberno asignoulle máis frecuencias na banda de GSM 900 pero a vantaxe no mercado o seguiron a ter Movistar e Vodafone.
 
Unha oferta comercial deu grande difusión á telefonía móbil: as tarxetas prepago. Xa non era necesario ter un contrato e pagar unha cota mensual. Podíase gastar en teléfono en función do orzamento dispoñible.
11.223

edicións