Tectónica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
de un > dun
Liña 31:
A aplicación dun esforzo crecente da lugar a deformacións de tipos distintos. Primeiro, unha '''deformación elástica''', reversíbel, como a que afecta ás rochas cando son atravesadas polas [[Onda sísmica|ondas sísmicas]]; segundo, unha '''deformación plástica''', xeometricamente continua e irreversíbel, como a que observamos nin [[pregamento]]; por último, unha '''deformación ríxida''', por rotura, descontinua e irreversíbel, cando se supera certo valor. As [[falla]]s representan o exemplo maior de deformación ríxida.
 
As propiedades intrínsecas da rocha, as estruturas que forma e as circunstancias en que se encontra determinan o valor que ha de ter un esforzo para que a deformación sexa ríxida, plástica ou elástica. Chámanse '''rochas competentes''' as que demostran pouca plasticidade e alcanzan o límite de rotura sen chegar a sufrir unha deformación plástica significativa. Son '''rochas competentes''', en xeral, as [[Rocha magmática|rochas plutónicas]] e, entre as [[Rocha sedimentaria|sedimentarias]], as [[calcaria]]s ou os [[arenito]]s consolidados cando non están moi estratificadas. Unha estratificación fina dará lugar xeralmente, a igualdade de material, a deformacións plásticas, principalmente pregas. Son especialmente incompetentes as [[arxila|rochas arxilosas]] ou as [[area]]s. As circunstancias físicas, especialmente a presión confinante, poden alterar o comportamento dunha rocha: nas rexións profundas da codia e no manto, a elevada presión fai improbábel a rotura, e materiais que son moi ríxidos na superficie compórtanse de undun modo moito máis plástico.
 
== Deformacións na tectónica global ==