Ara (xornal): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
de un > dun
Liña 7:
O diario tense marcado como obxectivo a difusión da lingua e cultura propias de Cataluña, e axudar ó debate social. Neste sentido, busca un hoco no mercado da prensa catalá, no que xa se atopa [[Avui]], [[El Punt]] e unha edición nesa lingua de [[El Periódico de Catalunya]]. A mediados de 2011 está previsto que o outro gran xornal catalán, [[La Vanguardia]], saque tamén unha edición en catalán. Coa compra de Avui por parte de El Punt, comezou a xestación do novo diario, que se nutriu de xornalistas e columnistas cataláns procedentes dos principais medios de comunicación. Aínda que nun principio se lle relacionou con teses próximas a [[Convergencia i Unió]], o diario defínese como transversalista e non se vincula a ningunha ideoloxía.
 
Ó proxecto sumáronse Antoni Bassas, Toni Soler e Albert Om, que forman parte de undun consello asesor e contan con participacións no diario. Tamén mostraron o seu apoio [[Rosa Regás]], [[Carme Riera]], [[Jaume Cabré]], Paul Preston e Albert Sánchez Piñol entre outros. Ademais, a publicación conta con reportaxes e artigos traducidos ó catalán do [[International Herald Tribune]].
 
== Véxase tamén ==