Jerónimo Zurita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Títulos}}
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 26:
''Historia do rei don Fernando o Católico'' completa o último período abordado nos ''Anais'' e profunda na figura deste rei, que deu orixe á creación do Estado Moderno. O achegamento a [[Fernando II de Aragón]] é un asunto reiterado na [[historiografía]] aragonesa. Así, foi obxecto de atención tamén por parte de [[Baltasar Gracián]], que o tomou como modelo en ''[[O Político|O Político don Fernando o Católico]]''.
 
De índole historiográfica é ''Emendas e advertencias nas crónicas dos reis Castela que escribiu don López de Ayala'', que non foi editada até 1683. Nela critica as crónicas de [[Pero López de Ayala]] dos reis [[Pedro I de Castela|Pedro I]], don [[Henrique II de Castela|Henrique II]], don [[Xoán I de Castela|Xoán I]] e don [[Henrique III de Castela|Henrique III]] de [[Reino de Castela|Castela]]. De parecido talante son os seus ''Comentarios aos Claros Homes de Pulgar'', onde examina a obra de [[Hernando do Pulgar]], ''Claros homes de Castela'', de 1486, que retrataba os personaxes ilustres da corte de [[Henrique IV de Castela]].
 
O estilo de Zurita pode parecer na actualidade austero pero é incuestionable a súa autoridade como cronista moderno e o seu método [[historiografía|historiográfico]] rigoroso. Mostra unha nova concepción dos deberes dun historiador e, non contento cos amplos materiais gardados nos arquivos de [[Aragón]], buscou as súas fontes nos [[Países Baixos]], [[Roma]], [[Nápoles]] e [[Sicilia]], para atopar documentos de primeira man que lle permitisen reformular a historia desde os seus materiais máis fidedignos.