Diferenzas entre revisións de «Conversa usuaria:Vitoriaogando»

(Nova sección: →‎de + 1)
 
Ola. Unha pregunta sobre a contracción dun. Está claro que de + un (artigo indeterminado) contrae a dun. Pregunto se isto afecta tamén a de + un (numeral). Por exemplo, en frases como "un neno de 1 (ou un) ano morreu no accidente", ou "esta especie viviu hai de 1 (ou un) a 4 millóns de anos" ou "os gangliósidos teñen de 1 (ou un) a 4 (ou catro) residuos de azucre". Non afirmo nada, simplemente pregunto, porque aparentemente desde un punto de vista gramatical son casos distintos. Na pronunciación está claro que se fusionan, igual que se diría "un anel douro" (un anel de ouro), pero quero confirmar que na escrita tamén contrae co numeral, pera sabelo eu seguro para o futuro. Grazas.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 31 de maio de 2019 ás 20:08 (UTC)
 
Si, [[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]]. As Normas da Academia din, exactamente: Os numerais un, unha, cando son adxectivos, contraen con de, en e con, da mesma maneira ca os artigos indeterminados (vide 14.2.2.).
Pola contra, cando son pronominais, normalmente contraen coas preposicións en e de, pero non coa preposición con, da mesma maneira ca o indefinido un(s), unha(s): equivocouse nunha ou en dúas respostas; con unha xa me abonda. [[Usuario:Vitoriaogando|Vitoriaogando]] ([[Conversa usuario:Vitoriaogando|conversa]]) 31 de maio de 2019 ás 20:26 (UTC)
10.707

edicións