Diferenzas entre revisións de «Remolacha»

de un > dun
(de un > dun)
Cando se levantou o bloqueo, o azucre de cana das colonias antillanas inundou de novo o mercado. Baixo o peso da competencia, a nacente industria acusou o golpe. Un gran número de azucreiras pecharon as súas portas despois de sufrir importantes perdas. Pero a abolición da [[escravitude]], en [[1848]], xerou unha forte suba do prezo do azucre de cana debido a unha diminución da súa produción. Os remolacheiros aproveitaron e, ao tempo, as industrias azucreiras melloraron progresivamente os seus rendementos grazas á construción de grandes unidades de produción.
 
A remolacha forraxeira desenvolveuse fortemente en Europa a mediados do século XX, chegando os seus cultivos en Francia a ocuparen preto de undun millón de hectáreas pouco antes da [[Segunda Guerra Mundial]]. Pero máis tarde diminuíu moito debido ao aumento do consumo de [[millo]] ensilado para a alimentación invernal dos [[bovino]]s.<ref>Hill, G. e Langer, R. H. M. (1991): ''Agricultural plants''. Cambridge, UK: Cambridge University Press. pp. 197–199. ISBN 0-521-40563-7.</ref><ref>{{Cita web |url=http://sugarbeet.ucdavis.edu/sbchap.html |título=Sugarbeet. University of California. |data-acceso=31 de xullo de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090120002450/http://sugarbeet.ucdavis.edu/sbchap.html |dataarquivo=20 de xaneiro de 2009 |urlmorta=si }}</ref>
 
Pero recentemente o cultivo da remolacha volveuse a desenvolver para producir [[etanol]], e está en curso o desenvolvemento do seu uso para a produción de [[biocombustible]]s como o [[biogás]].
10.704

edicións