Sonic the Hedgehog: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m homónimo
Engadidas ligazóns internas
Liña 5:
'''Sonic the Hedgehog''' ou "Sonic o ourizo" é unha serie de [[videoxogo]]s de [[Sega (videoxogos)|SEGA]] ademais de ser o nome do personaxe principal da saga, sendo a mascota da compañía.
 
Tamén está presente en [[Banda deseñada|cómics]], debuxos animados e libros. O primeiro videoxogo desta saga foi creado en [[1991]] na consola [[Mega Drive|Sega Mega Drive]] (ou Genesis, como é coñecida nos [[Estados Unidos de América|EUA]]). A velocidade é a nota característica do protagonista no primeiro xogo, que revolucionou o mundo das videoconsolas ée arrebatou temporalmente o monopolio dos videoxogos a [[Nintendo]]. ''Sonic the Hedgehog'' tivo unha [[secuela]] en 1992, ''Sonic the Hedgehog 2'' (no que se presentaba un novo amigo de Sonic, "Tails"), que recolleu se cabe máis loubanzaslouvanzas e éxito de vendas. Houbo tamén dúas entregas cos mesmos nomes nas consolas de 8-bits ([[Master System]] e Game Gear) coas correspondentes boas críticas.
 
Destácase tamén na consola Mega CD o "Sonic CD", que é considerado por unha gran cantidade de fans como a obra mestra de Sonic, se ben non tivo o éxito esperado debido ao fracaso da consola. O último proxecto con éxito na clásica Mega Drive foi o Sonic 3 & Knuckles, que se puxo á venda en dous xogos separados, Sonic 3 e Sonic & Knuckles, por limitacións de tempo, se ben ambos os xogos formaban parte do mesmo proxecto desde o principio. Tivo unha boa recepción e un éxito en vendas, aínda que lixeiramente menor que o Sonic the hedgehog 2.
 
Tras unha serie de xogos con pouco éxito, SEGA publica un novo xogo en 1999 na consola [[Dreamcast|DreamCast]], chamado "Sonic Adventure" que volveu a recoller boas críticas e que é considerado o xogo que máis vendeu naquela consola. Este xogo tivo unha secuela, Sonic Adventure 2 (2001), que tivo boas críticas, aínda que non tan boas como na primeira parte. Tras esta entrega xurdiron unha serie de xogos que acarrearon críticas mixtas e niveis de venda moito máis baixos. Sonic Colors (2010) e Sonic Generations (2011) foron mellor valorados. En 2017 foi publicado Sonic Mania, que acadou valoracións positivas xeralizadasxeneralizadas de consumidores e as revistas especializadas, e Sonic Forces, con críticas mixtas.
{{Control de autoridades}}
{{Videoxogos en progreso}}