Partido Socialdemócrata Checo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 21:
Trala fragmentación do [[Imperio Austrohúngaro]] e a formación de [[Checoslovaquia]] en [[1918]], o partido presentouse ás eleccións xunto co [[Sociálnodemokratická Strana Slovenska]] (Partido Socialdemócrata Eslovaco). Entre [[1938]] e [[1941]] pasou a formar parte do ''Národní strana práce'' (Partido Nacional do Traballo), un partido de unidade de esquerdas cos socialdemócratas e parte do [[Partido Nacional Social Checo]]. Entre [[1948]] e [[1989]] o partido únese ao [[Komunistická Strana Československa]] (Partido Comunista de Checoslovaquia), aínda que algúns membros se mantiveron no exilio en [[Londres]]. Entre [[1990]] e [[1993]] pasou a denominarse ''Československá sociální demokracie'' (Socialdemocracia Checoslovaca), para adoptar a súa denominación actual en [[1993]] trala disolución de Checoslovaquia.
 
Tras gañar as [[Eleccións ao Parlamento Checo 1998|eleccións lexislativas de 1998]], o ČSSD formou goberno con [[MilosMiloš Zeman]] como primeiro ministro, e conservou o poder dende aquela con [[Stanislav Gross]], e logo da súa renuncia o [[25 de abril]] de [[2005]] con [[Jiří Paroubek]], quen asumiu o cargo. O ČSSD gañou as [[Eleccións ao Parlamento Checo 2002|eleccións de 2002]] con 70 deputados de 200 na cámara baixa, mais perdeu as de [[Eleccións ao Parlamento Checo 2006|2006]] a pesar de que conseguiu elevar o seu número de deputados ata os 74 e acadar un 32,3 % dos votos, xa que se viu superado polo [[Občanská demokratická strana|ODS]], que conseguiría 7 escanos máis.
 
Nas [[Eleccións ao Parlamento Checo 2010|eleccións lexislativas de 2010]] conseguiu ser a forza política máis votada cun 22,08 % dos votos, por diante do [[Občanská demokratická strana|ODS]], malia perder unha cantidade considerable de apoios e pasar dos 74 escanos a 56 de 200 posibles.