Paul Verlaine: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
m Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Liña 23:
Durante meses de vida errante por [[Inglaterra]] e [[Bélxica]], que alimentaron o poemario ''Romances sans paroles'', sucedéronse separacións e reencontros con Rimbaud por unha parte e intentos de volta coa familia. O episodio Rimbaud finalizou tras unha disputa o 9 de xullo de 1873 en [[Bruxelas]], con disparos de pistola de Verlaine quen co medo de ver afastarse o seu amante feriu superficialmente este no pulso esquerdo; foi inculpado así como estigmatizado pola súa homosexualidade. Condenado a dous anos de prisión, aínda que Rimbaud retirou a denuncia, ingresou no cárcere de Bruxelas <ref>René Guitton, «reviens cher ami», Rimbaud-Verlaine, l’affaire de Bruxelles, 2006, Calmann-Lévy ISBN 2702137210</ref>.
 
No cárcere Verlaine recobrou a fe católica e escribiu poemas en prosa que serían editados nos seus derradeiros poemarios ''Sagesse'' (1880), ''Jadis et Naguère'' (1884), ''Parallèlement'' (1889) e ''Invectives'' (1896), e máis tarde nas ''Oeuvres Posthumes''. A composición en prisión de trinta e dous poemas (poesía inxenua e sabia tinguida de lirismo romántico, evocaba a súa crise de identidade), inseridos nestes recompilatorios, ten o seu orixe nun manuscrito autógrafo datado en 1873-1875 titulado ''Cellulairement'', actualmente en posesión do Musée des lettres e manuscrits e clasificado como tesouro nacional dende o 20 de xaneiro de 2005 <ref>[http://www.museedeslettres.fr/public/exposition/post-scriptum-cellulairement-de-paul-verlaine/125 Post Scriptum Cellulairement de Paul Verlaine] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20130619053530/http://www.museedeslettres.fr/public/exposition/post-scriptum-cellulairement-de-paul-verlaine/125 |date=19 de xuño de 2013 }}, sitio do Musée des lettres et manuscrits</ref>.
 
Liberado o 16 de xaneiro de 1875 cunha redución de pena de case un ano por boa conduta, intentou en van reconciliarse con Mathilde que obtivo o divorcio e a custodia do seu fillo en maio de 1885<ref name="divorce">[http://www.sothebys.com/en/auctions/ecatalogue/2012/livres-et-manuscrits-pf1203/lot.99.lotnum.html Dossier sobre o divorcio de Verlaine e Mathilde Mauté. Copias auténticas das actas e condenacións dirixidas a Verlaine. 1882-1885]</ref>.