Indicación Xeográfica Protexida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
En [[Galicia]], é destacable a '''Identificación Xeográfica Protexida''' (I.X.P) no [[pemento]], unha certificación avalada pola Comisión Europea, cuxo obxectivo é designar a denominación do [[pemento]] cuxa produción, transformación e elaboración posúe unha orixe xeográfica determinada, e cuxa calidade ou reputación débese ao devandito lugar.
Este selo (I.X.P.) é moi importante e na actualidade existen diferentes denominacións de orixe en Galicia para este produto: [[pemento de Padrón]] ([[Comarca do Sar|O Sar]]), [[pemento do Couto]] ([[Ferrolterra]]) e o [[pemento de Arnoia]] ([[comarca do Ribeiro|O Ribeiro]]).
Trátase dun distintivo que verifica que os produtos co selo de Identificación Xeográfica Protexida atópanse dentro da lista de produtos agroalimentarios de orixe, calidade e calidade certificada, protexidos polas normas da [[Unión Europea]].
Cada vez máis, os consumidores reclaman unha maior transparencia sobre os produtos que adquiren ou consomen, de aí a necesidade de contar con figuras de protección que recoñezan e certifiquen a súa procedencia, calidade, así como outros aspectos relativos ao control, a transformación e a seguridade alimentaria.