Papúa Nova Guinea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Novo primeiro ministro
Etiqueta: edición de código 2017
Xanetas (conversa | contribucións)
Amplío cultura e linguas
Liña 300:
 
Papúa Nova Guinea conforma un dos lugares máis diversos do planeta; existen 700 linguas indíxenas e polo menos unha maioría de sociedades indíxenas, cunha poboación maior aos 5 millóns. É tamén un dos lugares máis rurais, con só un 18% da poboación vivindo en centros urbanos.
 
Hai tres idiomas oficiais en Papúa Nova Guinea, aínda que se falan máis de 700 linguas indíxenas papuanas no país (un incrible 25% dos idiomas do mundo). A maioría da xente fala a lingua crioula [[tok pisin]], aínda que na rexión sur de Papúa, a xente adoita empregar o terceiro idioma oficial, o [[hiri motu]] antes que o tok pisin para este propósito.
 
Preto dun terzo da poboación adhírese a crenzas indíxenas, mentres o resto é cristiá. Preto dun terzo dos cristiáns son católicos romanos, mentres que o resto está dividido entre varias denominacións protestantes.
 
=== Linguas ===
Papúa Nova Guinea é a nación con maior número de [[Lingua|idiomas]] falados no mundo, con máis de 800.<ref>{{Cita web|url=https://www.ethnologue.com/country/PG|título=Papua New Guinea|data-acceso=30 de maio de 2019|lingua=en|páxina-web=}}</ref> Cunha media de 7.000 falantes por lingua, é o segundo país con maior diversidade lingüística por número de habitantes, só por detrás de [[Vanuatu]].<ref>{{Cita web|url=https://halshs.archives-ouvertes.fr/halshs-01186004/file/Francois-et-al_2015_Languages-of-Vanuatu_SLIM.pdf|título=The Languages of Vanuatu: Unity and Diversity|data-acceso=30 de maio de 2019|lingua=en}}</ref> As linguas indíxenas clasifícanse en dous grandes grupos: as [[linguas austronesias]] e as [[Linguas papúas|papúas]], sendo as máis faladas de forma nativa [[Lingua enga|enga]], [[Lingua melpa|melpa]] e [[Lingua huli|huli]].<ref>{{Cita novas|data=21 de xullo de 2011|título=Languages on Papua vanish without a whisper|url=http://www.dawn.com/2011/07/21/languages-on-papua-vanish-without-a-whisper.html|data-acceso=30 de maio de 2019|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120111150003/http://www.dawn.com/2011/07/21/languages-on-papua-vanish-without-a-whisper.html|dataarquivo=11 de xaneiro de 2012|lingua=en}}</ref> Hay catro idiomas oficiais en Papúa Nova Guinea: [[Lingua inglesa|inglés]], [[tok pisin]], [[hiri motu]] e, dende 2015, a [[linguaxe de signos de Papúa Nova Guinea]].<ref>{{Cita novas|data=16 de maio de 2015|título=Sign Language, Next Official Language for PNG|url=http://www.emtv.com.pg/article.aspx?slug=Sign-Language-Next-Official-Language-for-PNG&subcategory=Top-Stories|data-acceso=30 de maio de 2019|dataarquivo=4 de marzo de 2016|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160304202605/http://www.emtv.com.pg/article.aspx?slug=Sign-Language-Next-Official-Language-for-PNG&subcategory=Top-Stories|lingua=en}}</ref> O inglés é o idioma do goberno e do sistema educativo pero fora diso non é moi falado.
 
A principal [[lingua franca]] do país é o [[tok pisin]], no que se realizan a maioría de debates do parlamento, campañas e anuncios, etc. A única zona na que o tok pisin non é a lingua franca principal é a [[rexión de Papúa]], no sur do país, na que se usa [[hiri motu]]. A capital, [[Port Moresby]], ten unha poboación moi diversa, que no centro utiliza principalmente o tok pisin para comunicarse e, en menor medida, o inglés, mentres que na periferia se fala motu.
 
<br />
 
== Cultura ==
''Artigo principal: [[Cultura de Papúa Nova Guinea]]''
 
Estímase que existen máis de mil grupos culturais en Papúa Nova Guinea. Debido a esta diversidade, xurdiron moitos estilos de expresión cultural. Cada grupo creou as súas propias formas expresivas en [[arte]], [[danza]], [[Arma|armamento]], [[Roupa|traxes]], [[canto]], [[música]], [[arquitectura]], etc.
Con 850 [[idioma]]s falados en todo o país, Papúa Nova Guinea é a nación con maior diversidade idiomática en proporción á súa demografía.
 
A maioría destes grupos culturais teñen a súa propia lingua. A poboación vive maioritariamente en aldeas que dependen da agricultura de subsistencia. Nalgunhas zonas cazan e recollen [[Planta|plantas]] silvestres (como raíces de [[ñame]] e [[karuka]]) para complementar as súas dietas. Os que se fan hábiles na caza, na agricultura e na pesca son moi respectados.
 
No [[río Sepik]], hai unha tradición de [[talla de madeira]], moitas veces en forma de plantas ou [[animais]], que representan espíritos antepasados.
 
As [[Cuncha|cunchas]] mariñas eran a moeda de Papúa Nova Guinea até a súa abolición en 1933. Esta tradición aínda está presente nos costumes locais. Nalgunhas culturas, para conseguir unha [[noiva]], un [[noivo]] debe levar un certo número de cunchas de ameixa cos bordes dourados como [[dote]].<ref>{{Cita novas|data=Febreiro de 1997|título=Cultura de Papúa Nova Guinea|url=http://www.datec.com.au/png/culture.htm|data-acceso=30 de maio de 2019|urlarquivo=https://web.archive.org/web/19990210114159/http://www.datec.com.au/png/culture.htm|dataarquivo=30 de xuño de 1997|lingua=en}}</ref> Noutras rexións, o dote é pagado en [[Porco|porcos]], [[Casuario|casuarios]] ou diñeiro. Noutras partes, son as noivas as que tradicionalmente pagan o dote.
 
Os pobos das montañas participan en coloridos rituais locais nos que se pintan a si mesmos e se visten con [[Pluma|plumas]], [[Perla|perlas]] e [[Pel|peles]] de animais para representar paxaros, árbores ou espíritos de montaña. Ás veces, represéntanse acontecementos importantes, como unha lendaria batalla, nun festival musical.
 
O país posúe un lugar [[Patrimonio da Humanidade|Patrimonio Mundial da UNESCO]], o [[sitio agrícola de Kuk]], inscrito en [[2008]].<ref>{{Cita web|url=https://whc.unesco.org/en/list/887|título=Kuk Early Agricultural Site|data-acceso=30 de maio de 2019|lingua=en}}</ref> O país, con todo, non ten elementos inscritos na lista de Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO, a pesar de ter unha das máis amplas variedades de elementos de patrimonio cultural inmaterial no mundo.<ref>{{Cita web|url=https://ich.unesco.org/en/state/papua-new-guinea-PG|páxina-web=|título=Papua New Guinea and the 2003 Convention|data-acceso=30 de maio de 2019|lingua=en}}</ref>
 
== Notas ==