Diferenzas entre revisións de «Nippon Professional Baseball»

Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:Nippon Professional Baseball}}
(Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:Nippon Professional Baseball}})
 
Catro antigos equipos da JBL formaron a base da nova Liga Central: os [[Chunichi Dragons]], os [[Hanshin Tigers]], os [[Yomiuri Giants]] e os [[Shochiku Robins]], aos que se uniron os [[Hiroshima Carp]], os [[Kokutetsu Swallows]], os [[Nishi Nippon Pirates]] e os [[Taiyō Whales]]. Por outra banda, outros catro antigos equipos da JBL formaron a base da Liga do Pacífico: os [[Hankyu Braves]], os [[Nankai Hawks]], os [[Daiei Stars]] e os [[Tokyu Flyers]], aos que se uniron os [[Kintetsu Pearls]], os [[Mainichi Orions]] e os [[Nishitetsu Clippers]]. O dono dos Giants, Matsutarō Shōriki, actuou como o primeiro Comisionado (non oficial) e supervisou as primeiras [[Series do Xapón]]. Nelas enfrontáronse o campión da Liga Central, os Shochiku Robins, contra o campión da Liga do Pacífico, os Mainichi Orions, sendo estes últimos os campións tras vencer por catro xogos a dous.
 
=== Expansión e contracción ===
Os Nishi Nippon Pirates da [[Liga Central]], que finalizaron en sexto lugar na primeira temporada, desapareceron ao final da mesma e fusionáronse cos Nishitetsu Clippers (tamén de [[Fukuoka]]) para formar os [[Nishitetsu Lions]]. Isto provocou que o número de equipos da Central descendesen a uns incómodos sete equipos. Así, en 1952, decidiuse que o equipo da Liga que acabase cunha procentaxe de vitorias inferior ao 30% sería obrigado a disolverse ou fusionarse con outros equipos. Finalmente, serían os Shochiku Robins os que caerían nesta circunstancia, decidindo fusionarse cos Taiyō Whales para converterse nos [[Taiyō Shochiku Robins]] en xaneiro de 1953. Esta manobra permitu á Liga Central ter de novo un número par de equipos.
 
Por outra banda, en 1954 uniuse un novo equipo á [[Liga do Pacífico]], os [[Takahashi Unions]], que permitiron aumentar o número de equipos da mesma a oito. Aínda que o equipo estaba formado por xogadores de outros equipos da Liga do Pacífico, os Unions non foron nunca un equipo competitivo, acabando en último lugar en 1955 e 1956. Para a temporada de 1957, os Unions fusionáronse cos Daiei Stars para formar os [[Daiei Unions]], o que levou á Liga do Pacífico a regresar a un número impar de equipos con sete. Os novos Unions tan só duraron unha temporada, na que acabaron de novo en último lugar a 43,5 vitorias de diferenza co primeiro. PAra 1958 os unións volvéronse fusionar, esta vez cos Mainichi Orions para formar os [[Daimai Orions]]. Finalmente, a Liga do Pacífico conseguía ter de novo un número de equipos con seis, os mesmos que a Liga Central. Así, para finais da [[década de 1950]], a NPB pasou de ter quince equipos aos actuais doce.
 
== Formato ==
53.105

edicións